Cervo, 04 de Maio de 2020. Dende a plataforma coordinadora de auxiliares queremos instar os 3 grupos políticos maioritarios na nosa comarca, ( BNG , PSOE e PP ) a presentar e aprobar unha moción en todos os concellos da Mariña a favor do mantemento dos postos de traballo dos traballadores/as das empresas auxiliares de Alcoa SanCibrao.
Queremos recordar os grupos políticos da mariña que representamos o 50% da masa de traballadores/as da factoría cun total de 1000 postos de traballos.
Coa medida de Alcoa de non realizar a rebrascaxe das cubas que chegan o final da súa vida útil vemos como comeza o principio do fin da actividade na factoría, e os primeiros en pagar a factura somos os traballadores/as das auxiliares.
Non debemos permitir que o principal sector económico da comarca morra, ou que elimine o 50% dos postos de traballo, por iso solicitamos que os 3 grupos políticos aproben as seguintes medidas:
Rechazo da medida anuncia pola multinacional de non rebrascar as cubas.
Apoio institucional os 50 traballadores afectados, en primeira estancia, que entraran xa en ERTE.
Solicitar a mediación da xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque unha solución para que non paren as cubas, así como para que ningún traballador/a de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo.
Solicitar o goberno central do estado Español a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a nosa factoría, esta recupere o 100% da actividade e non se perda ningún posto de traballo.