Lugo, 15 de maio de 2020. O PP fai un chamamento ao sentido da responsabilidade do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, para que busque o consenso para deseñar un plan de intervención directa do organismo provincial para axudar á provincia a superar as consecuencias económicas da crise sanitaria. O viceportavoz popular Agustín Baamonde apela “ao sentido da responsabilidade do presidente da Deputación, para que esta institución asuma dunha vez o papel principal que lle corresponde neste delicado momento de transición entre a emerxencia sanitaria e a emerxencia económica”.
Baamonde destaca que para que a Deputación poida desempeñar o papel que lle corresponde na actual conxuntura son precisas dúas condicións. Por un lado, que Tomé “abandone a torre de marfil na que parece estar instalado e lidere verdadeiramente a institución que preside”. Ese liderado debe traducirse “nun plan específico para a provincia, pero un plan que mereza tal nome e non actuacións illadas como as que está a facer”.
Para deseñar un plan integral que resulte eficaz é necesario, asegura Agustín Baamonde, “buscar o consenso entre as distintas formacións políticas, algo que inexplicablemente non está a facer o presidente nunha situación como a que vivimos”. O mesmo representante do PP apunta certa confusión na actitude que mantén o socialista Tomé a este respecto: “Pide consenso, si, pero ten que entender, que consenso non significa submisión da outra parte, senón diálogo, acordo e vontade de colaboración, que é algo que nós ofrecemos dende o minuto cero desta crise”.
Baamonde di que para dialogar, debater e chegar a acordos hai canles establecidas, como son a xunta de portavoces e o pleno da corporación. “Nós pedimos reiteradamente ao presidente a convocatoria dunha reunión da xunta de portavoces, e reiteradamente foi desoída a nosa solicitude”. Recorda que tampouco foi convocada a sesión plenaria ordinaria correspondente ao pasado mes de abril. Así as cousas, “no PP vémonos na necesidade de solicitar un pleno extraordinario, que non sería preciso se as cousas se fixeran doutra maneira”.
Baamonde declarou: “Apelo ao sentido da responsabilidade do presidente da Deputación, que debe impoñer o convencemento da necesidade de participación de todas as forzas políticas para consensuar un plan integral para sacar adiante á provincia nunha situación tan complicada como a actual”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



