Alcoa, no corazón da Mariña, está estes días tamén na cabeza dos mariñáns. Sen ir máis lonxe, este domingo 31 de maio, tivo lugar unha marcha en Ribadeo cos lemas ‘Alcoa non se pecha’, ‘Enerxía solución’.
Era o 1998 cando unha industria pública española se vendeu ó sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo propiedade de Aluminum Company of America. Coido que é preciso dicilo con todas as letras: a ‘nosa’ Alcoa é -se lle imos poñer patria ó capital- norteamericana. É dicir, iso de que está no corazón da Mariña e na cabeza dos mariñáns é en certo xeito equivalente a dicir que unha película está no noso corazón e na nosa cabeza: consumímola, formamos parte do seu mercado… pero non é nosa por moito que nos guste, nos encha ou sexa un icono para nós. E aí están os créditos da película para lembrárnolo.
O dos créditos lévanos a outro tipo de consideracións: os cartos recibidos pola multinacional -non pola fábrica- en forma de subvencións e regalías. Cartos, en parte, dados de xeito directo para empregar en manter un emprego que agora se desvanece. Ou unha tarifa eléctrica -controvertida polo período de aplicación, segundo a empresa- que pode non ter o mellor deseño posible, pero que significa unha enerxía varias veces máis barata que a que pode pagar calquera de nós -outras empresas incluídas-. Mentres, o tema da contaminación, os lodos vermellos, quedan a outro nivel, desaparecen de escea de xeito periódico, por moito que a balsa quede aí por tempo indefinido como unha bomba a estoupar en calquera momento.
E é que da industria aluminera depende a terceira parte do PIB da provincia. Tanta é a importancia dada, que ata se pretendía facer unha central nuclear para a súa alimentación -cousa que parece esquecida- e foi fundamental para a vida da maior contaminante en moitos, moitos quilómetros á redonda, a central térmica das Pontes. Si, esa en trance de desaparición, o que representou un aviso máis dos moitos espallados no tempo que foron advertindo de que a planta de aluminio non era para sempre.
Pero, como xa tentou e impuxo no seu momento Margaret Thatcher, ‘There is not alternative’: non “hai” alternativa, hai imposición, ou o tomas ou o deixas. Tanto na negociación dos convenios como na presión para recibir axudas, sempre necesarias, sempre demasiado poucas, sempre cos traballadores como forza de choque para o beneficio da empresa. Ou, sinxelamente, para a procura doutras posibilidades. Si, pois, o mesmo que no ‘Plan E’ para combater o desastre da construción os fondos empregábanse sobre todo para construír/asfaltar, aquí non xurdiu nin unha empresa que aumentara o valor engadido do producido, para canto máis pensar na diversificación industrial ou nun tecido que atenuara os posibles contratempos. É aínda agora o día no que se procura presión para ‘non pechar Alcoa’, non para producir rendibilidade ou procurar alternativas. O do decrecemento? Non entra nin na axenda.
Xógase á contra. E cando se xoga á contra, as probabilidades van contra un.
Foi avisado. Pero iso non xustifica nin a inacción nin a defensa a ultranza. Os afectados somos todos. E mesmo quen menos, máis do que parece.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



