Lugo, 8 de maio de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro por videoconferencia con empresarios do Vicedo para abordar as distintas iniciativas de apoio impulsadas pola Administración autonómica de cara á reactivación do tecido produtivo galego, entre elas a elaboración de guías con recomendacións preventivas fronte ao coronavirus.
Este é o segundo dos encontros que se realiza co tecido empresarial deste municipio, a petición do Concello de Vicedo e coordinados desde a axencia de emprego local e, neste caso, tiña por obxecto dar conta do material informativo elaborado pola Xunta para contribuír a resolver as dúbidas sobre como retomar a actividade.
De feito unha das principais novidades é a publicación dunha guía –actualizada- que recolle as recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus no comercio. Este documento e os seus folletos informativos están a disposición do sector no enlace http://issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentacion/publicacions/GUIA_COMERCIO_Actualiz_8_mayo_20.pdf
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral tamén elaborou guías de prevención noutros sectores que poden consultarse na web deste organismo. Así mesmo, na reunión avanzaron que a Xunta tamén difundirá unha guía con pautas preventivas para o sector da hostalería, accesible na web de Turismo de Galicia.
Por último e xa no ámbito laboral Balseiro confirmou que a día de hoxe se presentaron no Vicedo nove expedientes temporais de regulación de emprego (Ertes), oito deles no sector hostaleiro. A Xunta aceptou todas as solicitudes.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



