Lugo, 8 de maio de 2020. Os efectivos dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros, pertencentes ao Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, están a desenvolver dende este xoves tarefas de desinfección preventiva da Covid-19 nos exteriores de 13 centros de saúde, residencias e centros de menores de concellos da Mariña de máis de 5.000 habitantes, ademais de nos centros de maiores da Deputación en Trabada e Ribadeo.
O Parque de Bombeiros de Barreiros realizou hoxe os traballos de desinfección en Ribadeo: na entidade privada Vivienda comunitaria El Mirador del Eo, no Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro, na residencia para persoas maiores de Ribadeo, e no centro de saúde. Ademais este xoves leváronse a cabo os traballos en Foz, na residencia de maiores de Foz, residencia de maiores Santisima Virgen del Carmen e no centro de saúde. Na xornada do sábado trasladaranse ata Trabada para desenvolver as tarefas no centro de maiores da institución e o domingo no centro de maiores de Pol.
O Parque de Bombeiros de Viveiro realizou este xoves os traballos na residencia Domusvi Viveiro, Residencia Betania, Miniresidencia Inmaculada Niña e no centro de saúde.
Estes traballos lévanse a cabo logo de que o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, que tamén preside o Consorcio de bombeiros, lle trasladara por carta á Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia a total disposición do Consorcio para efectuar as tarefas, xa que ata o momento non se recibiran peticións neste sentido por parte do Posto de Mando Avanzado. Un ofrecemento que foi acollido por parte da delegación territorial da Xunta en Lugo, coa que o Consorcio coordinou a relación de lugares e concellos nos que se consideraba necesario actuar.
O Presidente subliña que o obxectivo principal é contribuír á loita contra o coronavirus e dar resposta ás necesidades dos concellos da provincia: “Manter as superficies limpas é imprescindible, por iso a desinfección resulta fundamental, e máis aínda en lugares sensibles como son as residencias de maiores, e en espazos onde se atende a moitas persoas como é o caso dos centros de saúde”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



