Viveiro, 9 de maio, 20202. Míriam Bermúdez solicita ao Goberno de María Loureiro a que informe á veciñanza das medidas adoptadas relacionadas co proceso de desescalada a través dos medios oficiais que dispón o Concello, pois non todo o mundo utiliza as redes sociais nin é unha vía oficial.
É por isto polo que debe ser esencial a publicación dos bandos na páxina web do Concello no momento de facelos públicos e situalos nun lugar visíbel facilitando a súa consulta aos veciños e veciñas.
Por outra banda, demandamos tamén que se proceda á colocación dos mesmos nos taboleiros existentes en cada parroquia, así como nos taboleiros postos a raíz da moción do BNG para un Viveiro libre de contaminación electoral, aproveitando que algúns deles xa estan instalados e suxerindo deixalos de forma permanente para que ademais de colocar os cartaces de cada cita electoral, sirvan para os bandos oficiais, cartaces culturais, de festas, etc.
Míriam Bermúdez tamén incide na redacción dos bandos recalcando que “consideramos que o texto do bando debe ser máis preciso e aportar toda a información necesaria, polo que deberán explicar no texto qué supón unha franxa horaria e o que recolle a lei en canto as actividades que poden realizarse e condicións das mesmas. Poñer unha frase na que se lle di á veciñanza que consulte a normativa, non facilita información”.
Por outra banda vén de publicarse o BOE extraordinario que marca as condicións para a reapertura ao público de establecementos, locais e terrazas a partir das 00h do luns 11 de maio así como as medidas de hixiene esixibles tanto dentro dos establecementos como para os/as clientes, polo que solicitamos ao goberno municipal do Concello de Viveiro que dispoña e distribúa de xeito urxente toda esta información nunha guía única destinada a todas e todos os comerciantes e hostaleiros e tamén para veciñas/os antes do día de apertura, este vindeiro luns.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



