Lugo, 5 de maio de 2020. «Céntrese en resolver os problemas reais da provincia e deixe de usar a Deputación para facer oposición á Xunta”. Este é o consello que esta mañá deu o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, ao socialista José Tomé, despois de coñecer a información difundida polo PSdeG-PSOE sobre a videoconferencia mantida polo seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, cos presidentes das deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo.
Á vista das críticas dedicadas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polos participantes no citado encontro telemático, Castiñeira declarou: “Non imos admitir que se use a Deputación de Lugo para facer oposición á Xunta, ao goberno de Galicia”. O portavoz popular considera que é “chamativo que o señor Tomé accede a facer este tipo de uso da Deputación para buscar rendemento político e partidista; como moito, de querer abordar este tipo de crítica, debería facelo como responsable do PSOE de Monforte”.
Javier Castiñeira manifestou: “Pedimos a Tomé que se centre na solución dos problemas reais da provincia de Lugo, que é o seu campo competencial e no que lle queda moito por facer”. Engadiu: “O presidente da Deputación está chegando tarde a todos os asuntos que son relevantes para a provincia, e así, por exemplo, aínda non estableceu unha liña de axudas para os empresarios para colaborar para superar os problemas económicos derivados da crise sanitaria; aínda lle queda por repartir moito material sanitario de protección fronte ao Covid-19; e ten pendente tamén reunirse coa oposición, co partido con máis deputados provinciais, o PP”.
O portavoz popular di que “Tomé o único que fai é gobernar a golpe de decreto. Ten que empezar a escoitar á oposición, e cando se lle pide consenso, cando se lle pide falar, o mínimo é facelo, escoitar á oposición”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



