Lugo, 29 de maio de 2020. “Se a alguén lle quedaba algunha dúbida, agora xa non ten motivo para ter ningunha: o Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez e apoiado polo comunista Pablo Iglesias é nefasto para Lugo”. Así o asegurou esta mañá o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, á vista da grave situación que atravesa Alcoa-San Cibrao, con centos e centos de postos de traballo en perigo, entre directos e indirectos. “Con este Goberno Alcoa-San Cibrao leva o mesmo camiño que Endesa-As Pontes”, manifestou o voceiro popular na Deputación. Engadiu: “Son moi malas noticias para a Mariña e para os traballadores. Expresamos a nosa solidariedade cos traballadores e dicímoslles que desde o PP seguiremos loitando polos intereses de Alcoa e que estamos con eles. Alcoa non se pecha, ten que ser competitiva e hai que darlle un medio económico no que poida traballar en condicións de competitividade no mercado europeo; necesítase aprobar inmediatamente un estatuto electrointensivo, que inclúa as alegacións presentadas polos traballadores e pola Xunta, que lle dea garantías a Alcoa para poder funcionar e ter planes de futuro. Non queremos que pase como en Endesa, que xa está parada e non vai volver a funcionar”. Castiñeira deulle a réplica ao presidente da Deputación: “A empresa, como é lóxico, defende os seus intereses. Se o Goberno tivese aprobado o estatuto electrointensivo, coas alegacións dos traballadores e da Xunta, posiblemente non se tivera chegado a esta situación. O que enredou durante meses e meses foi o Goberno, o que estivo enganando foi o Goberno, e, polo tanto ten unha clara e ineludible responsabilidade nesta situación”.
O portavoz popular sinalou: “Desgraciadamente, vemos que se cumpre o que avanzamos o martes no pleno da Deputación, durante a defensa da nosa moción sobre a competitividade de Alcoa, á que PSOE e BNG votaron en contra. Vendo as declaracións do presidente da Deputación, só podemos estar totalmente en contra da súa opinión. Vemos moi pouca autocrítica sobre a súa xestión neste asunto. Estivo coas mans paradas durante tres meses e o Goberno socialista co estatuto metido nos caixóns da Moncloa durante ano e medio. Quen verdadeiramente enganou aos veciños foi o Goberno socialista, cuxos representantes estiveron en varias veces en San Cibrao, para dicir que ían aprobar o estatuto electrointensivo e aínda non está aprobado. Loxicamente, a empresa terá os seus intereses, pero non se pode dar gasolina para incendiar aínda máis este asunto e a gasolina é non ter aprobado o estatuto electrointensivo, que é algo que prexudica a Alcoa e a outras moitas empresas grandes consumidoras de enerxía eléctrica en Galicia”.
Os populares poñen tamén a vista na chamada lei do cambio climático, de transición enerxética, á hora de fixar as responsabilidades atribuíbles ao Goberno no desastre que para A Mariña e para o conxunto de Lugo é a situación na que se atopa Alcoa, coa conseguinte perda de emprego que vai supoñer. Castiñeira sinala: “A intransixencia enerxética do Goberno socialista está provocando a caída da industria galega, da industria lucense. Así o comprobamos en Endesa-As Pontes, que pechou, e está pasando con Alcoa. Ao Goberno non lle interesa a industria lucense. Vemos moi pouca autocrítica por parte do presidente da Deputación, que nestes dous meses, desde o pleno no que os traballadores esixiron á Deputación que mediase para que se aprobase canto antes o estatuto para empresas electrointensivas, non foron capaces de facer nada”.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



