Ribadeo, 16 de maio de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, lamenta o pasamento de Antonio Martínez Pérez, o que fora presidente da comisión organizadora da Cabalgata de Reis durante 29 anos.
O rexedor dixo que “enteirados do falecemento no día de hoxe queremos, desde o Concello de Ribadeo, mandarlles o pésame e unha mensaxe de agarimo a toda a súa familia. Antonio, entre outras moitas facetas da súa vida, foi unha desas persoas que ao longo de moito anos formou parte destacada dunha chea de actividades colectivas do noso pobo, como as festas de Ribadeo, e especialmente, a organización da Cabalgata de Reis, asociación da que foi durante 29 anos presidente”.
Suárez Barcia sinalou: “vaia pois, unha lembranza agarimosa de todo ese tempo, no cal, en parte, eu como alcalde tiven a honra de participar. Lembro con especial empatía, as numerosas veces que viña ao Concello co seu impulso decidido e un ímpeto rexo e resolto a falar con nós, para lograr o apoio do Concello dun xeito ou doutro nese evento do Nadal tan importante para os máis pequenos”.
E engadiu: “e sirva este recoñecemento cívico para todas as persoas que organizan eventos culturais, de lecer, festivos, etc. para a cidadanía do noso pobo, e que co seu traballo abnegado e desinteresado para o ben da comunidade da que todos e todas formamos parte (algunhas das veces ingrato e pouco valorado). E neste caso especialmente sirva tamén para unha persoa que durante case tres décadas incansablemente organizou a nosa Cabalgata. Que a terra che sexa leve, Antonio. Descansa en Paz”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



