Lugo, a 16 de maio de 2020. A situación de Alcoa e as continuas alarmas sobre a súa viabilidade seguen preocupando e mantendo moi activo ao Partido Popular da Mariña. Neste senso, os representantes desta formación nos concellos de Viveiro, Burela, Ribadeo, Cervo, Xove e O Vicedo -Óscar Rodríguez, Manuel Rouco, Demetrio Salgueiro, Alfonso Villares e Jesús novo, respectivamente-, acompañados da presidenta provincial, Elena Candia, abordaron este sábado, nunha reunión telemática cos deputados nacionais e senadores lucenses; concretamente con Jaime De Olano e Joaquín García Díez, e con José Manuel Barreiro e Rosa Arza, a crítica situación da factoría mariñana, debida ao elevado prezo da enerxía e á ausencia dun estatuto ue recolla as demandas plantexadas polo sector para que a empresa poida competir con respecto a outras electrointensivas que existen noutros países como Francia ou Alemaña, e así manter tanto a súa produción como os empregos que xera de xeito directo e indirecto.
Os populares manifestaron que esta factoría se atopa “en punto morto dende hai 18 meses pola absoluta inacción do Goberno”. Así o indicaron, por exemplo, Jaime De Olano, que xunto con Joaquín García Díez, trasladaron os participantes as últimas iniciativas presentadas na Cámara Baixa co fin de “non baixar a garda” e seguir presionando ao Executivo de Sánchez para que dea unha solución á empresa de San Cibrao e, con elo, ás 5.000 familias que dependen da mesma.
“Llevamos 18 meses en los que el Gobierno sigue sin hacer nada y sin tomar decisiones”, apuntou o tamén vicesecretario de Participación, indicando que o estatuto aprobado por Pedro Sánchez “no da ninguna garantía ni a Alcoa, nin al sector en general”. “Parece que está más preocupado de meter a Pablo Iglesias en CNI y a 26 altos nuevos cargos que del empleo y de la supervivencia de las empresas de nuestro país”, criticou De Olano.
Na mesma liña, José Manuel Barreiro deu conta das preguntas e iniciativas presentadas no Senado e que van encamiñadas no mesmo obxectivo de trasladar ao Goberno que a responsabilidade do mantemento das electrointensivas depende única e exclusivamente do Executivo español, obtendo ata o de agora, dixo, “nin unha soa decisión favorable a este respecto”. “Tal é así que a ministra de Transación Ecolóxica compareceu hai poucos días no Congreso sen despexar nada sobre o futuro da fábrica e, todo elo, mentras as noticias sobre a multinacional continúan sendo negativas”. Refírese o popular a que, por exemplo, dúas auxiliares de Alcoa, Reymogasa e Cyrgasa, veñen de presentar senllos Ertes despois de que a multinacional fixese público a súa renuncia á brascaxe de cubas de electrolise na planta de aluminio.
Os alcaldes piden unha tarifa eléctrica competitiva
Un factor principal para a competitividade e o futuro desta fábrica está determinado polo custo da enerxía, xa que para transformar alúmina en aluminio é preciso un proceso de electrólisis intensivo no uso da electricidade. Só Alcoa San Cibrao ten un consumo eléctrico equivalente a 30.000 fogares. Precisamente, a factura eléctrica representa un dos gastos máis importante, pois, nestes momentos, o prezo da electricidade en España é un 50% máis elevado que en Alemaña ou Francia.
O rexedor de Cervo foi moi claro: “só hai unha solución para Alcoa, que o Goberno Central aprobé unha tarifa eléctrica que lle permita competir. Querer falar doutras cousas e meter a outros actores no debate e non querer arranxar o problema”. Neste senso, Alfonso Villares pídelle ao Executivo que “non nos quite o que tiñamos e que evite que ese diñeiro se vaia a outros países”, remarca.
Pola súa banda, Demetrio Salgueiro insistiu na necesidade inmediata de que o Goberno aprobe un estatuto coas modificacións que se presentaron a través das distintas alegacións. “Malia o prezo existente da enerxía, o diferencial aquí segue sendo o mesmo ou incluso maior”, manifesta.
Inacción tamén do PSOE lucense
A presidenta provincial lembrou que o Partido Popular seguirá estando cos traballadores da fábrica, “como así o manifestamos en distintas visitas á fábrica, en distintas reunións co comité de empresa e en distintas manifestacións públicas”. Neste senso, adianta que “seguiremos pedindo o que sempre pedimos e que é moi concreto: que o Goberno aprobe un estatuto que garanta a produción da fábrica e os empregos directos e indirectos que mantén”.
Con todo, Elena Candia tamén puxo a ollada na “cativa” responsabilidade que están a amosar os responsables locais e provinciais do Partido Socialista respecto deste asunto. “Seguen de perfil, preferindo defender antes a Pedro Sánchez que aos seus veciños, á súa provincia, e á súa comarca”, sentenciou.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



