Viveiro, 28 de maio, 2020. A portavoz municipal do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, volve instar ao presidente da Deputación de Lugo José Tomé Roca a actuar con urxencia na estrada de titularidade provincial CP-6502 que atravesa a parroquia viveirense de Chavín e conecta este concello cos concellos de Vilalba, Muras e Ourol, como xa fixeran no pasado mes de febreiro. Un víal, denuncia Míriam: “estreito, de curvas perigosas sen visibilidade, que non conta con beiravías nin arcéns, cun firme en mal estado e intransitábel en varios tramos. Un vial, cuxa perigosidade se agrava ao carecer nas súas marxes de elementos de protección para @s condutores que circulan por esta estrada na que se atopan con pendentes e barrancos pronunciados en varios puntos do seu trazado.”
Os nacionalistas urxen á Deputación de Lugo para que a Área de Xestión Territorial do ente provincial leve a cabo a instalación de barreiras de protección na estrada de titularidade provincial CP-6502, na zona coñecida como A Maraleixa, posto que nas ultimas semanas viñeron facéndose traballos de tala de masa árborea nesta zona, onde as árbores que estaban nas marxes da estrada provincial e que servían de elemento natural de contención para os vehículos foron talados, co consecuente perigo engadido que supón para a veciñanza circular por esta estrada a diario sen contar con ningún elemento de contención nin barreira de protección, alertou a portavoz nacionalista.
Desde o BNG de Viveiro demandan tamén a renovación e colocación destas barreiras de protección e seguridade en todos aqueles tramos perigosos das estradas de titularidade provincial estradas que discurren polo termo municipal de Viveiro, que tamén remitirna en febreiro á Deputacion (2604, 2610,3810, 6412, 6601, 6602, 6603, 6604, 6605, 6606, 6607, 6608, 6610, 6611, 6612 e 6613) e ademais que as barreiras de protección que se empreguen inclúa unha barreira de seguridade especial para motoristas e ciclistas co obxecto de reforzar a seguridade destes colectivos vulnerábeis, axudando a reducir a gravidade das lesións e evitae as posíbeis amputacións ou lesións medulares que podan sufrir en caso de accidente.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



