Viveiro, 2 de maio, 2020. O BNG de Viveiro urxe ao Goberno Municipal do PSOE a iniciar a gravación das sesións plenarias e a emisión en directo na web do Concello. Unha moción que levaran os nacionalistas xa no pleno de setembro do 2019 e aprobada pola corporación, mais aínda segue sen instaurarse a pesares de haberen transcurrido máis de 8 meses.
Míriam Bermúdez indica: “esta urxencia non é un capricho, sen sesións plenarias non podemos aprobar nin sacar para adiante solucións de grande envergadura para afrontar esta crise para Viveiro. Hai que poñer a andar o sistema das gravacións, pois por un lado, xs veciñxs pódenas seguir igualmente na web sen acudir de forma presencial e polo tanto sen risco, e por outra banda, sería un paso importante de cara a realizalar as sesións plenarias por videoconferencia, polo menos até que remate o estado de alarma”, aclarou.
A concelleira nacionalista pide “realizar os plenos canto antes” e insiste na súa posición de que “o goberno socialista debera rectificar a súa postura e sacar adiante o Plan de Pagos Personalizados”, moción do BNG na cal votaron en contra e que precisamente, é nestes momentos de crise onde máis se nota a súa necesidade e o acerto que sería implementalo plan.
Ademais do Plan de Pagos Personalizado, Bermúdez ve esencial para Viveiro un Plan de Reactivación da Actividade económica, social e comercial, que “con todas as demandas e propostas feitas ao concello desde a oposición, veciñanza e empresas, xa hai base da cal partir, só queda contrastar co servizo de intervención a posibilidade de implementalas”, indica Bermúdez, “a este respecto levamos insistindo moito na necesidade de realizar unha reunión co servizo de intervención para coñecer de primeira man as posibilidades económicas do Concello, mais desde a alcaldía non aceptaron a proposta de que participásemos na reunión”.
Que é o Plan de Pagos Personalizado?
O Plan de Pagos Tributarios foi unha moción do BNG viveirense presentada en novembro e rexeitada polos votos en contra do PSOE de María Loureiro, onde os socialistas alegaron que xs veciñxs e empresas que teñan dificultades económicas para pagar os impostos municipais pode achegarse ao concello e solicitar un aprazamento do mesmo, xusto o que queremos evitar desde o BNG con este Plan, pois con esa medida quenes soliciten o aprazamento deberán pagar un recibo máis abultado debido ao abono de intereses.
Este Plan quería pór un sistema de pago personalizado a disposición da veciñanza e autónomxs de Viveiro, onde cada quen podería elexir a cotas e mensualidades para pagar os seus impostos municipais, dentro do ano a pagar, sen ningún tipo de intereses e cunha rebaixa directa do 3% nos impostos, xa que tamén é un beneficio para o Concello ao contar cunha maior liquidez o longo de todo o ano sen a necesidade de recorrer á vía do financiamento externo ou a créditos, os cales suporían ao Concello o pago de intereses.


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



