Santiago de Compostela, 19 de maio 2020. Ante a convocatoria das eleccións o 12X, aportavoz nacional do BNG Ana Pontón, afirma que “nada vai evitar abrir un tempo novo en Glaiza que nos permita devolverlle a esperanza a todos os galegos e galegas”.
“Antes desta crise era urxente un cambio en clave de país, agora é máis necesario que nunca porque temos que reconstruír Galiza e non pode facerse da man de vellas e fracasadas políticas que recortaron a sanidade, fixeron negocio coa atención das persoas maiores, precarizaron o emprego, provocaron a fuga de cerebros e non foron capaces de poñer a producir o enorme potencial que temos en Galiza”.
Dende o BNG, dixo, ofrecemos novas ideas para enfrontar unha situación nova, e o 12X podemos deixar atrás un “goberno absolutista e negativo para Galiza”. Un goberno, que coa súa política de recortes e privatizacións deixou a Galiza máis indefensa ante a pandemia, con 210.000 autónomos nunha profunda crise económica, 225.000 traballadores en ERTEs e ás persoas usuarias das residencias desprotexidas ante a COVID-19. Un goberno, que nun momento de incerteza e dor prefire “agocharse detrás do mando único e da pantalla da TVG”.
A nacionalista explicou que a situación excepcional que estamos vivindo conleva unha campaña electoral diferente e anunciou que o BNG primará o debate de propostas para devolverlle aos galegos e galegas a esperanza.
Sabemos que a reconstrución económica ten que ser a prioridade, e a nosa aposta é “un gran acordo para levantar Galiza”. Hai que poñer en marcha un país novo no que ninguén quede atrás, priorizando o emprego, a sanidade pública, a aposta estratéxica pola ciencia e investigación e unha Galiza máis forte, con máis autogoberno, para ter máis ferramentas e capacidade á hora de construír benestar e igualdade.
Exixe pluralidade nos medios públicos e rematar cos “mitins encubertos de Feixóo na TVG”
A portavoz do BNG criticou a sobreexposición de Feixóo na TVG durante estes meses e exixiu pluralidade ao medios públicos porque a campaña electoral do 12X,explicou, non será igual a ningunha outra. Neste sentido, reclamou poñer fin “ao uso partidista do candidato do PP na TVG”, un uso que cualificou de “obsceno e antidemocrático” dende a declaración do estado de alarma. Pontón lembrou que Feixóo acaparou desde o 14 de marzo, “1.634 minutos de emisión en directo na TVG. O BNG non conseguiría esa cota de pantalla nin saíndo todos os días durante os catro anos de lexislatura”.
Na súa comparecencia, a líder do BNG insistiu que esta campaña debe ser a campaña “dos debates” cunha TVG imparcial que ofreza unha cobertura informativa máis ampla e para iso propuxo a celebración na canle pública dun “debate a doble volta” cos candidatos e candidatas á presidencia da Xunta das forzas políticas máis representativas, ampliar os espazos de información electoral nos medios públicos, recuperar os debates de cabezas de lista provincias e ampliar as entrevistas na Radio Galega e TVG con dúas entrevista a cada forza política.
O BNG propón un único mailing
Na súa intervención, Pontón tamén se referiu a que é necesario que as papeletas cheguen a todos os domicilios para o que propuxo “un mailing único”, coa información electoral e as papeletas de todas as forzas políticas. Isto, dixo, “permitiría un aforro moi importante de recursos públicos que se poderían destinar a medidas de seguridade na campaña e á xornada electoral”.
A Xunta, engadiu a portavoz nacionalista, debe facer un protocolo e poñer os medios que garantan unha xornada electoral segura para as persoas que estarán nas mesas e para as irán a votar.
O cinismo de Feixóo é a marca da casa
Ante as declaracións de Feixóo afirmando que hai que reducir a intensidade da campaña, Pontón reiterou que o candidato do PP leva en campaña dende o 14 de marzo utilizan do a TVG para facer “mitins encubertos” e afirmou que “o cinismo de Feixóo é a marca da casa” do PP.
En total, explicou, o candidato do PP, o señor Feixóo, leva “31 mitins encubertos en horario de máxima audiencia da televisión pública”, convertida máis que nunca en “TeleFeijóo” con 1.634 minutos de pantalla. Se a situación non fose tan grave, diría que resulta cómico ver a quen leva dous meses de campañas, usando de xeito descarado os medios públicos, dicindo agora que reduce a intensidade.
Espero que Feijóo non queira unha campaña “amordazada” e furtándolle aos galegos e as galegas o dereito ao debate, ao contraste e a pluralidade política, concluíu.
Está claro que está campaña non vai ser igual que outras, e é imprescindíbel, en primeiro lugar a neutralidade dos medios públicos, e polo tanto poñer fin o uso partidista que está realizando o candidato do PP da TVG. OBSCENO E ANTIDEMOCRÁTICO.
SÓ UN DATO.
Permitídeme só un dato: desde o inicio do estado de alarma o 14 de marzo, Feijóo acaparou 1.634 minutos de emisión en directo na TVG. O BNG non conseguiría esa cota de pantalla nin saíndo todos os días durante os catro anos de lexislatura.
Neste sentido permitídeme avanzar algunhas propostas que desde o BNG trasladaremos o resto de forzas políticas, cun obxectivo claro de facer unha campaña segura e con garantías democráticas:
ISTO PASA PORQUE ESTA TEN QUE SER a campaña dos debates e dunha TVG IMPARCIAL e cunha cobertura máis ampla que nunca
Por iso propoñemos que a TVG organice un debate a doble volta, onde esteamos as e os candidatos á Presidencia da Xunta das forzas políticas máis representativas.
2º. Ampliar os espazos de información ELECTORAL nos medios públicos.
3º- Recuperar os debates de cabezas de lista provincias
4º- Dar un espazo máis amplo ás entrevistas na RG e na TVG que deberán ser 2 por forza política.
2º. Nesta campaña vai ser importante que chegue información e papeletas á casa. Por iso propoñemos que se faga un mailing único, que conteña a información electoral e as papeletas de todas as forzas políticas. Isto permitiría un aforro moi importante de recursos públicos que se poderían destinar a medidas de seguridade na campaña e na propoia xornada electoral.
3º. Xunta ten que facer un protocolo e poñer os medios que garanticen unha xornada electoral segura, segura para quen está nas mesas e segura para quen vai votar.
Feijóo dixo que vai reducir a intensidade de campaña do PP?
Fracamente, o cinismo do señor Feijóo é marca da casa. O candidato do PP leva en campaña desde o 14 de marzo, día en que se declarou o estado de alarma, utilizando a TVG para facer mitins encubertos. En total, o candidato do PP, o señor Feijóo, leva 31 mitins encubertos en horario de máxima audiencia da televisión pública, convertida máis que nunca en TeleFeijóo. Insisto, 1.634 minutos de pantalla. Se a situación non fose tan grave, diría que resulta cómico ver a quen leva dous meses de campañas, usando de xeito descarado os medios públicos, dicindo agora que reduce a intensidade.
Espero que Feijóo non queira unha campaña amordazada furtándolle aos galegos e as galegas o dereito ao debate, ao contraste e a pluralidade política.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



