Ribadeo, 11 de maio de 2020. Acisa repartiu hoxe entre os seus socios e socias a cartelería precisa coas novas normas e recomendacións que hai que ter en conta á hora de entrar a comprar nun establecemento comercial. O xerente, Jesús Pérez, confirmou que “aínda que hoxe é o luns, e os luns en Ribadeo tradicionalmente o comercio está pechado, temos que confirmar que arredor do 90% dos nosos asociados e asociadas están abertos. É unha xornada na que están a recibir todo o material que lles estamos a entregar de xeito totalmente gratuíto e están a ver cómo se achegan os primeiros clientes, tras dous meses de peche desde que se decretou o estado de alarma”.
Acisa estalles a entregar aos socios e tamén a aqueles outros que non son asociados, pero que si o demandaron, carteis para poñer o aforo dos locais, coas recomendacións de uso de mascarillas, de luvas, de manter a distancia de seguridade, e de desinfectar as mans cos xeles que atoparán nos establecementos, a necesidade de manter a distancia se seguridade ou a de efectuar os pagos con tarxeta. Tamén están a recibir cintas para colocar no chan “e que así a xente saiba onde ten que agardar pola súa quenda”.
Todo este material únese ás mais de 3.300 mascarillas cirúrxicas, aos 180 botes de xel hidroalcohólico e ás 100.000 luvas de usar e tirar. Éstas últimas repartiranse dentro duns días, “porque tivemos moitas complicacións para poder conseguilas. O resto do material xa está en todos os comercios que abriron hoxe. Hainos que abren mañá, co que continuaremos co reparto esa xornada. E no caso da hostalería contarán con todo este material cando vaian abrindo”.
O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, animan “a comprar no comercio local. Agora máis que nunca este sector precisa do apoio da súa clientela. Si queremos que os pobos sigan tendo vida temos que mercar en Ribadeo, senón acabarán desaparecendo os locais e con eles as nosas vilas”.
Desde Acisa confirman que “no caso da hostalería algunhas terrazas de socios e de non asociados abriron hoxe. Son poucas ata o momento, pero estamos a recibir moitas chamadas con consultas, con dúbidas, etc, de bares amosando interese por abrir as súas terrazas. Estamos convencidos de que algunhas máis irán abrindo nos vindeiros días”.
Acisa ademais envía a diario información actualizada aos seus socios e socias coas medidas e novidades que as diferentes administracións están a poñer en marcha durante o estado de alarma, ocasionado pola chegada a España da pandemia do Covid-19.























A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



