Ribadeo, 6 de maio de 2020. O equipo de goberno e os técnicos municipais están a buscar vías para poñer en marcha canto antes os mercados semanais dos mércores e dos sábados. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliña que o mercado dos mércores tal e como se viña celebrando non vai ser viable, debido ás distancias que haberá que establecer entre os diferentes postos e ás medidas que terán que adoptarse para garantir a seguridade dos clientes. O rexedor engade que hai moitas contradicións entre as normativas ditadas polo Estado e pola Xunta a este respecto, que o Concello está a consultar e a estudar. Suárez Barcia asegura que si é posible este mercado volvería o vindeiro mércores, 13 de maio, pero se non fose recomendable demoraríase un pouco máis a súa reanudación.
O alcalde ribadense dixo: “en relación coa situación do mercado municipal semanal, tanto o mercado dos mércores como o mercado dos sábados, desde o Concello de Ribadeo estamos buscando vías para, canto antes, poñelo en marcha novamente. Pero igual que todos os sectores do comercio e da hostalería están facendo unha serie de cambios para adaptarse ás leis que nos están vindo de súpeto, estamos tamén desde o goberno municipal, tanto cos membros do goberno como cos funcionarios e técnicos municipais responsables de que todo isto funcione ben, funcione o mellor posible, e hai que ter en conta que a partir de agora vai haber unhas medidas básicas diferentes no que ten que ver coas separacións, etc… Ata hai moi poucas horas, as normativas que nos veñen dadas polo Estado estaban en contradición con unhas que dispuxo a Xunta, e ata hai moi poucas horas non tivemos unha certeza concreta de como casar os dous aspectos, tivemos que chamar tanto á Subdelegación do Goberno como á Xunta de Galicia para ver como interpretar estas normativas”.
Fernando Suárez subliñou que “hai que ter en conta que o mercado de Ribadeo ten practicamente cen postos, tanto de agroalimentarios, de produtores, como de roupa e outro tipo de artigos. Polo tanto estamos estudando, hai que dar un período de adaptación, sabendo que o mercado tal e como o coñecemos ata agora non vai poder ser viable, polo que estamos traballando para establecelo dunha maneira segura tanto para os vendedores ambulantes e os produtores como tamén para os clientes. Estamos traballando porque vai haber unha nova normalidade, que é a que se está dicindo, e temos que traballar coa seguridade máis absoluta. Polo tanto se podemos reiniciar xa o vindeiro mércores pois o faremos, pero senón, se á vista do que nos digan os técnicos non é recomendable, demoraremos un pouco máis a súa volta”.
O rexedor engadiu que “estamos facendo todo o posible. Sabemos que é unha vía de ingresos de moita xente, pero temos que primeiramente salvagardar a seguridade pública de tanto esforzo que nos está custando a toda a sociedade toda esta situación, non podemos tiralo todo pola borda, por facer as cousas mal en dous días”.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



