Viveiro, 29 maio de 2020. O goberno municipal de Viveiro ten amplamente demostrada a súa habilidade para crear complicacións aos veciños, tanto polos erros na xestión dos asuntos municipais como -fundamentalmente- pola súa indecisión, polo medo permanente a resolver. Así pasa, din os concelleiros do Partido Popular, no caso do mercado dos xoves, na Praza Maior, que nin os veciños nin os comerciantes saben a que aterse, grazas, unha vez máis, a que a alcaldesa, María Loureiro (PSOE), non se decide a que carta quedarse para gañar ou non perder algún presunto voto ao seu partido.
O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, di que a alcaldesa practica iso tan cómodo do que vostedes prefiran, que non quero tomar decisións que o mesmo me traen problemas; para Loureiro, o caso e saír gañando politicamente como sexa. E como non quere decidir como organizar o mercado dos xoves, como busca o risco cero na toma de decisións, pois aí están vendedores e presuntos compradores sen saber a que aterse.
Rodríguez sinala que María Loureiro, alcaldesa indecisa, non sabe se ampliar o espazo reservado ata agora para o mercado ou, noutro caso, manter o mesmo espazo e reducir o número de postos. Son as dúas únicas solucións posibles para respectar as normas de seguridade sanitaria establecidas como consecuencia da covid-19. Pero Loureiro non quere decidir. O portavoz popular sinala: ““E logo, quen ten que facelo, señora alcaldesa? Nós, se gobernáramos, non teriamos dúbida algunha; pero, mire, tócalle facelo a vostede, e ten que facelo para evitar problemas aos veciños e aos homes e mulleres que viven de vender en mercados como este de Viveiro. Asuma a súa responsabilidade e goberne, que para iso lle pagan os veciños e non están os tempos para andar enredando cos postos de traballo e cos cartos da xente de Viveiro”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



