Lugo, 1 de maio de 2020. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, sigue adiante na súa rolda de contactos mediante videoconferencia cos distintos sectores produtivos de Lugo, co fin de coñecer en que situación se atopan e como pode axudar a Administración a reactivalos. Unha destas reunións telemáticas foi co xerente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), Eugenio Corral, e co secretario da mesma entidade, José Teijeiro González. Despois do encontro, Candia explicou que as propostas do Partido Popular na provincia correspóndese practicamente coas necesidades expostas polos representantes dos construtores, e sitúanse basicamente en dúas liñas: por un lado, axilizar a contratación das obras polos concellos, e, por outro, intervención no campo tributario, para rebaixar, en función das condicións de cada concello, os impostos e taxas que afectan máis directamente á construción e á promoción de vivendas.
Candia indicou que o PP defenderá nos concellos e na Deputación políticas de axilidade na contratación das obras. Manifestou: “O sector, que é unha das grandes locomotoras da economía provincial, precisa unha reactivación dos contratos de obras en todas as administracións; os concellos serán parte da solución. Neste caso, hai un claro interese común porque en todos os municipios son precisas obras, máis ou menos importantes, nas infraestruturas municipais”.
A presidenta provincial do PP asegura que no seu partido comprenden e apoiarán tanto como sexa posible as demandas dos empresarios do sector da promoción e a construción de vivenda en canto ao establecemento de bonificacións nas taxas e impostos polos que están máis directamente afectados: ICIO, IBI, ocupación de vía pública e obras menores.
Elena Candia asegura que o PP fará un esforzo tanto alí onde goberna como onde é oposición para conseguir unha maior axilidade na tramitación e concesión de licenzas de obras e de actividade, así como coas licenzas de primeira utilización.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



