Abadín, 20 de maio de 2020. O Voceiro do PsdeG-PSOE de Abadín Pablo Díaz López esixiu hoxe a dimisión do Alcalde de Abadín, pola súa nefasta xestión diante da crise sanitaria do Covid.
Dende o Grupo Socialista temos que denunciar que “dende o mes de xaneiro non se celebrou ningún pleno para ter información sobre as medidas ou iniciativas a implementar polo Concello por mor desta pandemia. A día de hoxe o concello, gobernado polo PP, non informou absolutamente de ningunha medida á oposición sobre a crise sanitaria”.
O Voceiro Socialista replica que o Concello do Abadín “converteuse no último Concello da contorna en prover de mascarillas aos veciños e veciñas, despois de máis de 40 días dende a declaración do estado de alarma. E ademais a día de hoxe puidemos comprobar que algúns veciños aínda non as recibiron hoxe”.
Tarefas de desinfección sin EPIS
Nesa liña “tamén queremos remarcar que recibimos moitas queixas dos veciños e veciñas sobre o criterio que realizou o PP para levar a cabo ese reparto, xa que segundo sinalan o criterio foi o empadronamento. Como é posible que nun estado de alarma se discrimine á poboación deste xeito?”. E preguntámonos “onde van os miles de guantes e botes desinfectantes que recibiu o Concello das distintas administracións públicas?. Ademais, as tarefas de desinfección nos espazos públicos da vila comezaron moi tarde, e os traballadores e traballadoras do Concello non tiñan ningún protocolo de seguridade e non contaban con EPIS para poder realizar o seu traballo, nin tampouco os comerciantes da feira”, sinalan.
Sen medidas económicas
E por último, as medidas económicas. “O Goberno do PP de Rancaño non ten enriba da mesa ningunha medida económica para as empresas, os autónomos e os comercios da vila, co fin de facer fronte ao impacto económico do Covid en Abadín. Con esta pandemia todas as veciñas e veciños da vila puideron comprobar a ineptitude do Alcalde e de todo o seu equipo que non é capaz de ver mais aló do seu coche oficial”.
Pablo Díaz López envíalle unha mensaxe ao Alcalde. “Márchese xa, vostede é o verdadeiro exemplo do que non se debe facer en política, abandonar aos veciños e nos asumir as súas responsabilidades nunha crise que non soubo nin quixo afrontar”, resumiu.
.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



