Santiago de Compostela, 12 de maio 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo hoxe un encontro, por video conferencia, con representantes do sector do transporte de viaxeiros por estrada no que tamén participou o deputado e responsable de Ordenación do Territorio e Mobilidade do BNG, Luís Bará
Pontón trasladou aos representantes do sector as medidas propostas polo BNG para paliar a crise económica das pequena e medianas empresas do sector que representan un importante tecido económico e laboral en Galiza.
A nacionalista salientou que o sector aínda non está recuperado da crise do 2008, como reflicte a perda de número de viaxeiros, polo que urxe acometer medidas entre as que destacou: o reparto gratuíto, por parte da Xunta, de máscaras a persoas usuarias do transporte público para garantir a seguridade, axudas ás Pemes para manter o emprego e servizos e comezar a traballar sin dilación na “adaptación dos contratos de concesión de servizos e os contratos de xestión de servicios vixentes”, tendo en conta o parón producido pola crise do coronavirus.
“É necesario garantir a mobilidade de todos os galegos e galegas, con independencia dos seus lugares de residencia” e nese sentido, comprometeuse a impulsar iniciativas nas diferentes administracións para implementar vantaxes no transporte metropolitano de Galicia con “transbordos de balde, descontos nos prezos dos billeres e extender a tarxeta de xente nova en todo o territorio galego para promover o transporte público”.
O BNG propón medidas económicas co aprazamento de pagos
Pontón reiterou que a situación económica do sector é crítica e resulta imprescindible poñer en marcha un paquete de medidas como o aprazamento de pagos por leasing, renting, e préstamos destinados a compra de vehículos ás entidades financeiras moi especialmente por parte das empresas de transporte de servizo discrecional e turístico que “non teñen nin terán ingresos a curto e medio prazo”, así como axudas para que as empresas poidan adaptarse a nova realidade dixital coa implantación de aplicacións para a reserva de prazas, venda online, control de frotas, sistemas de localización en tempo real dous autobuses para os e as viaxeiros e canais de comercialización para o sector discrecional e turístico.
Ademais, considerou que estas axudas económicas deben incluír a compra de vehículos adaptados a persoas de mobilidade reducida ou con enerxías mais eficientes e sostibles.
Pontón apuntou a necesidade de elaborar campañas, a medio e longo prazo, para fomentar ou uso do transporte público en “autobús como sistema de transporte sostible, seguro e ou único que chega a tódolos núcleos de poboación do noso territorio”.
O BNG insta ao Goberno do Estado a prorrogar os ERTEs e rebaixas na a AP-9
Por outra parte, Pontón afirmou que o goberno central debe “prorrogar os ERTs máis alá do mes de xuño, de maneira principal no transporte discrecional e turístico”, ata que se reinicie a súa actividade.
Incidiu na urxencia de “aplicar descontos nas peaxes da AP-9” como xa reclamaron por escrito as catro Federacións do sector a AUDASA e solitando, como mínimo as “mesmas vantaxes para o transporte público en autobús por estrada que na actualidade benefician ao vehículo privado.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



