Santiago de Compostela, 1 de Maio 2020. Na celebración do 1º de Maio, Día do Traballo, a portavoz nacional do BNG lembra que estamos vivindo unha situación de excepcionalidade marcada por unha crise sanitaria aparellada a unha grande crise social e económica e neste contexto, urxe “derrogar as reformas laborais” que precarizan o emprego. Para a nacionalista é necesario poñer en marcha “un gran acordo de país” para saír da crise cunha alternativa económica que aposte por crear emprego de calidade.
Ao longo destas semanas, explica Pontón puidemos constatar como o emprego máis precarizado foi o emprego máis importante para enfrontar a crise e a maior parte dese emprego ocupado por mulleres no ámbito sanitario, nos supermercados ou no ámbito da limpeza e coidados.
Unha das leccións desta crise é a urxencia de rematar coa precariedade neses segmentos laborais e esta perspectiva debe centrar “todos os grandes acordos” que a partir de agora se van a producirs. Estamos ante un primeiro de maio excepcional e ante unha situación de confinamento pero non podemos permitir que tamén se “confinen os nosos dereitos”. Hai que traballar nunha alternativa social para superar a crise do coronavirus e facelo confiando e apostando polas posibilidades e potencialidades que ten Galiza.

















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



