Ribadeo, a 29 de maio de 2020. “Segundo o Sr. Suárez, a culpa sempre é da Xunta, do PP de Ribadeo ou do chachachá; de todos, menos do alcalde”. Así o indica o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, logo das declaracións realizadas polo rexedor sobre os medios que participaron na extinción do lume de Pastoriza (parroquia de Ove) e a sabendas de que o camión do Concello leva meses avariado e se rexeitou solicitar a brigada contra incendios do Goberno galego.
“No día de onte, realizabamos dúas preguntas ao Sr. Suárez. Eran concretas: por que o camión motobomba non puido acudirá parroquia da Pastoriza e non se solicitan as brigadas. As respostas que deu son de mal pagador. Pero é moi sinxelo, o camión non acudiu porque está sen arranxar dende hai meses e hai que instalarlle unha bomba, e se non que lle pregunte a algún coordinador do seu equipo e verá como acertamos no que dicimos”, destaca o voceiro do PP.
O PP defende a colaboración institucional
Con respecto ás brigadas da Xunta, sinala Vega, non a pide “porque non quere”. “A Xunta ofrécellas todo o ano, pero como son do Goberno de Feijóo non vaia a ser que leve el os méritos… A Xunta é unha administración máis como son a Deputación e o Goberno, e todo é necesario. Por tanto, ante a desidia, esiximos respostas á preguntas e, sobre todo, e colaboración institucional”. Daniel Vega incide nesta cuestión porque ata o lugar do incendio se desprazaron medios materiais e humanos da administración autonómica e incluso doutros concellos. “Nós somos colaboradores de Ribadeo e o que importa e nos importa é traer orzamento para que se beneficie toda a poboación”, conclúe.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.



