Lugo, a 13 de maio de 2020. Despois de 60 días de decretado o estado de alarma e iniciada a fase 1 chama a atención o pasotismo e a lentitude de Cajoto que non reacciona á crise e pretende que Foz estea eternamente confinado na desidia do seu goberno. Entendemos que sen Orzamentos, sin usar o remanente e sen consensuar o Plan único o Concello de Foz vai tardar en saír da crise.
Seguimos sen saber nada dos orzamentos municipais, e facémonos eco das palabras do propio Cajoto cando criticaba en marzo do 2019 o borrador dos orzamentos do Partido Popular, cando dicía “ …non nos parece lóxico que esteñamos cunhos orzamentos prorrogados cando deberían estar aprobado no mes de decembro” o cal nos parece unha burla aos veciños de Foz, especialmente cando ten o dobre de Concelleiros e de dedicacións que o anterior goberno.
Non sabemos tampouco nada dos máis de 400.000 € do Plan Único do 2020 nin de cómo os van usar en plena crise do COVID19. Ademáis da modorra na tramitación dos expedientes estráñanos o ocultismo e a falta de transparencia neste asunto, posto que entendemos que este ano non é unha situación normal e debería reunir aos grupos para escoitar as nosas propostas.
O partido Popular cre que gran parte do plan único 2020 de Foz debería ser usado en política social, axudas de emerxencia e axuda no fogar dado que segundo informaba o alcalde a solicitude de alimentos incrementou case que o triplo e haberá moitas persoas maiores, algúns en soidade, que non podan facer vida normal nos próximos meses.
Por outro lado, non temos constancia de que o Concello comprase mascarillas nin material de protección para repartir á poboación no período de desescalada e sucesivos meses que entendemos vai a ser prudente usar polo que en todo caso aínda que sexa tarde pedimos meta unha partida no plan único 2020 que ademais inclúa equipos e aparatos de desinfección fixos en zonas públicas.
Nestes 60 días única e exclusivamente se limitou a copiar a medida de outros concellos de non cobrar recibos a empresas de servizos non usados tal e como nos lle pediamos pero entendemos que non é suficiente e non pode levarnos ao conformismo, seguimos pensando que debe usar o remanente para axudar a empresas en dificultades, ou en último caso o propio plan único 2020 dado que o presidente Tomé o autorizou.
E para rematar o colmo da falta de iniciativa é o mal estado das beirarrúas cheas de verdín, perigosas para o seu uso aos que se une a falta de rozado de herbas no núcleo o urbano e en todas as parroquias que está xerando queixas de moitos veciños que ven que o goberno local aproveitou o confinamento para durmirse e abandonar o Concello.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



