Viveiro, 18 de maio, 2020. A Banda de Música de Arca, a Banda de Música de Chapela, a Banda de Música de Vilatuxe e a Banda Municipal de Música “O Landro” de Viveiro non quixeron deixar pasar a ocasión de homenaxear a figura de Carvalho Calero nunha data na que todas acostuman a facer concertos. Nesta nova normalidade, as bandas tiveron que adaptarse aos tempos e traballaron xuntas para sacar adiante unha proposta colaborativa entre as catro asociacións que viu a luz a tarde de onte.
Un programa especial emitido na canle de Youtube da Banda de Música de Arca que combinou entrevistas e música. Carlos Rodríguez, Andrés Álvarez, Simón Couceiro e Antón Alcalde, compositores do pasodobre e obras que puideron escoitarse ao longo da tarde, responderon ás preguntas das bandas sobre as motivacións das propias pezas pero tamén, de como se enfrontan á creatividade en tempos de coronavirus. A figura homenaxeada nesta edición, Carvalho Calero, estivo representada en pantalla pola escritora e docente Inma López Silva que fixo un repaso pola vida e obra do de Ferrol e lamentou que tras terlle sido negada esta homenaxe en diversas ocasións polas súas polémicas, vivamos esta situación no momento no que finalmente se lle concede.
Non faltaron tampouco os directores das formacións que comentaron como lles está a afectar a situación e que propostas teñen para os próximos meses. Víctor Vilariño, director da Banda de Música de Vilatuxe, asegurou que o primeiro que fixo foi “sacar o metro e medir cantos rapaces me collían no local de ensaio”. Carlos Timiraos, da Banda Municipal de Música “O Landro” Viveiro, propoñía acompañar os aplausos das oito da tarde a ritmo de pasarrúas polas rúas de Viveiro. A proposta non puido ser mellor recibida: máis de 1000 persoas sintonizaron nalgún momento coa emisión de case dúas horas.
O broche de ouro deste programa era, sen dúbida, a versión confinada do Himno Galego no que participaron 175 músicas e músicos das catro bandas cunhas colaboracións moi especiais: as voces das artistas Lucía Pérez, Najla Shami e Esperanza Mara. A recoñecida e polifacética Familia Vázquez interpretou as verbas de Eduardo Pondal en lingua de signos.
Directores e presentadores despediron o programa apelando a unha xuntanza en vivo e directo das formacións en canto sexa posible, para que este proxecto colaborativo non remate neste programa especial do confinamento para celebrar as Letras Galegas.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



