A Mariña, 1 de xuño, 2020. Dende o pasado 11 de marzo, dada a alerta sanitaria existente e aínda antes da declaración do estado de alarma, a asociación A Mariña comezou a extremar as súas precaucións fronte ao COVID-19. Ese día quedaron restrinxidas as visitas á unidade residencial e estremáronse as medidas de protección e hixiene. Ao día seguinte restrinxíronse as saídas do centro, adaptando as súas instalacións para que as persoas internas puidesen dispor de máis servizos e actividades de ocio dentro. Igualmente, estanse a desinfectar as zonas exteriores da unidade residencial diariamente dende o 21 de marzo grazas ó Concello de Cervo.
Durante todo este tempo de adaptación ás novas circunstancias, A Mariña traballou duramente para garantir o mantemento dunha atención axeitada, de calidade e moi necesaria ás persoas con problemas de saúde mental.
Dende o comezo da crise sanitaria séguese a atender aos 92 usuarios, realizando actuacións en varios eidos nos distintos dispositivos, xa que os CENTROS DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL permaneceron pechados ata o día de hoxe tendo que recibir os usuarios atención telemática e domiciliaria.
Hoxe abrimos os Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo, primeiro para facer unha valoración psicolóxica individual, previa cita ,para nuns días contar con actividade presencial en pequenos grupos de mañá e de tarde ; cumplindo coas recomendacións para a reactivación por parte do Sergas.
A partir de hoxe tamén se comezará co servizo de limpeza e desinfección diaria por parte de empresas especializadas, ampliando , por tanto, este servizo.
Ao largo destes dous meses e medio fixéronse moitas intervencións para promover a estabilidade clínica dos nosos usuarios, xa que as persoas que presentan un trastorno mental severo constitúen un colectivo de especial atención ante o risco de que poidan presentar descompensacións na súa patoloxía de base. Estes son os datos mais relevantes :
-Fixéronse un total de 1470 acompañamentos terapéuticos , 1413 atencións psicosociais e 472 atencións domiciliarias.
As atencións en piso protexido suman un total de 2569 actuacións (conviven 5 usuari@s) as da vivenda de mulleres víctimas de violencia de xénero 3678 (conviven 4 usuarias) e as da Unidade Residencial 9463 (conviven 24 usuari@s).
Tamén se fixeron 291 atencións a familiares e este fin de semana reanudamos as visitas con todas as garantías debido a un protocolo preventivo.
Ata o pasado 25 de Maio conseguiramos o máis importante, cero descompensacións psiquiátricas e por tanto cero ingresos na Unidade de agudos do servizo de Psiquiatría. Ese día tivemos o primeiro.
Pero agora toca vivir unha nova “normalidade” e para iso comezamos con novos proxectos terapéuticos e formativos e nesta nova forma de traballar, temos previsto que cada usuario teña o seu material individualizado, para evitar compartir, e así non asumir riscos .
Aquí é onde temos que agradecer á Asociación de Mulleres de San Ciprián a súa colaboración co noso colectivo, donándonos material para a actividade terapéutica de “Arteterapia”. Grazas a esa donación cada usuario contará coa súa carpeta na que haberá libro de mandalas, folios, lápices, gomas, afilas, lápices de colores, rotuladores…. o que redundirá nunha mellora terapéutica de cada usuario.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña foi fundada en 1999 por familias afectadas por problemas de saúde mental que uniron os seus esforzos para loitar por un obxectivo común: lograr que aos enfermos mentais e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada, buscando a súa integración na sociedade e traballando, para iso, na súa rehabilitación. Actualmente conta con Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral en Burela e en Ribadeo, un piso protexido en Burela, a Unidade Residencial de Cervo e unha vivenda para mulleres con enfermidade mental vítimas de violencia de xénero. Forma parte, xunto a outras 14 asociacións galegas, da federación Saúde Mental FEAFES Galicia.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



