Ribadeo, 1 de xuño de 2020. Acisa Ribadeo distribúe cartelería nos locais de hostalería, que estes días abren as súas portas, coas recomendación fronte ao Covid-19 e entrega material nos comercios asociados para dar a coñecer os prezos especiais que moitos realizan antes das rebaixas de verán. O slogan elixido para esta ocasión é Prezos especiais para ti.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, declarou que “no contexto que vivimos agora mesmo non queremos promover unha campaña masiva de descontos, xa que cada comercio coñece as súas singularidades. Queremos dicirlle á cidadanía que, si ven a Ribadeo, poderá encontrar nalgunhas tendas, prezos especiais diante dunha situación especial, e para elo o que facemos é darlles materiais gratuítos aos nosos asociados e asociadas. En cada comercio deben tomar as súas decisións, pode haber establecementos que teñan necesidade de sacar stock de tempada, pode haber negocios que necesiten liquidez e pode haber outros que poidan evitar facelo. Todo vai en función do produto que vendan. Por iso nosoutros dámoslle os recursos, a quen o necesite, de forma gratuíta xa que bastante diñeiro teñen perdido como para non axudarlles con estes materiais”.
Esta campaña de prezos especiais está deseñada co debuxo e o slogan de Carla García López, gañadora do concurso Polos nosos negocios, convocado por Acisa durante o confinamento, co propósito de fomentar a compra no comercio local.
A esta iniciativa Acisa une o reparto de cartelería específica para a hostalería con indicacións en prevención de riscos e relativas ao coronavirus. Trátase de carteis para baños así como para o local coas normas específicas que se deben cumprir en bares, cafeterías e restaurantes.
Convenio coa Anpa A Faxarda
Por outra banda Acisa Ribadeo ven de firmar un novo convenio colaborativo coa Anpa A Faxarda do colexio Gregorio Sanz para fomentar a compra na vila ribadense a través de pequenos descontos. Segundo indicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez: “este convenio beneficia arredor de 400 alumnos e algo máis de 300 familias, así como ao profesorado do centro. O funcionamento é moi sinxelo, acreditándose como membro do colexio, alumno ou familiar, a través da aplicación móbil Abalar poderán desfrutar dun prezo especial en case todas as tendas asociadas a Acisa Ribadeo. Cada establecemento fixará a oferta que crea convinte, ben sexa redondeo do prezo, desconto ou vale de compra. Trátase de converter o tradicional trato especial que se fai a un cliente habitual, nun reclamo para ventas. Nesta época de inicio de verán, e polo tanto de compras de roupa de tempada e de praia, así como de cara a setembro coa volta ao colexio, é un bo incentivo para que se acuda ao comercio local de Ribadeo e non a grandes áreas comerciais”.
Centralización de compras
Acisa ven de poñen en marcha un servizo de centralización de compras, que está destinado especialmente á hostalería. Desde a xerencia sinalaron que “sendo conscientes de que moitos hostaleiros precisan de máis cantidade de materiais de protección e hixiene para os seus locais, o que fixemos foi un ofrecemento para realizar os grandes pedidos desde a nosa asociación co obxectivo de conseguir mascarillas, xeles, etc… ao mellor prezo. Referímonos a pedidos de máis de 500 mascarillas por local ou a xeles en formato garrafa. Os negocios interesados o único que teñen que facer é poñerse en contacto con Acisa no 672 24 82 26 e xa lles explicamos todo”.
Desde Acisa lembraron que “ademais seguimos contando con material gratuíto para seguir repartindo en pequenas cantidades, tal e como viñemos facendo ata o de agora”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



