Ribadeo, 25 de xuño de 2020. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, anunciou esta mañá que quedaron suspendidas as visitas no Centro de Atención ás Persoas Maiores e no Hospital Asilo co obxectivo de velar pola seguridade dos usuarios e usuarias e tamén dos traballadores e traballadoras destas instalacións. A edil subliñou que non hai positivos por Covid-19, pero avoga por actuar con previsión e con cautela.
Freire Rancaño contou que “acabamos de determinar a suspensión de visitas para o Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ribadeo e tamén para o Hospital Asilo para curarnos en saúde, como medida de prevención, e atendendo a criterios técnico sanitarios. Tamén quedan en suspenso as saídas”.
A edil ribadense indicou que “adoptamos esta decisión atendendo á orde do equipo responsable da Área Sanitaria da Mariña despois de ter coñecemento de varios casos positivos aparecidos nas últimas horas en Xove”.
A concelleira ribadense salientou que “queremos aclarar que non hai ningún caso positivo entre os usuarios e os traballadores dos dous centros, simplemente se trata dunha medida de prevención e responsabilidade cara aos seus usuarios e usuarias”.
Para a responsable dos Servizos Sociais no Concello de Ribadeo: “a nosa prioridade, neste momento, é o coidado e a protección tanto dos traballadores como dos usuarios dos dous centros, do Centro de Atención ás Persoas Maiores e do Hospital Asilo, e polo tanto estamos actuando dunha maneira prudente e con previsión e cautela”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



