Lugo, 10 de xuño de 2020. O 12 de xullo de 2017, baixo o lema Lugo cambia, presentouse nos xardíns do pazo de San Marcos o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020, impulsado pola Deputación, entón presidida por Darío Campos. No propio documento, na presentación, dise: “A provincia de Lugo conta cun amplo e rico patrimonio cultural, natural e gastronómico que a converte nun territorio cun alto potencial turístico. De feito, nos últimos anos a tendencia da demanda é á alza e dende o ano 2012 ao 2016 creceu un 15% o número de viaxeiros na provincia. Estes datos son o resultado do esforzo realizado tanto polo sector público coma polo sector empresarial pero o destino aínda está lonxe de aproveitar o seu potencial turístico”. É certo todo elo, di o portavoz popular, Javier Castiñeira, que considera que agora chega o momento de facer o necesario balance, para saber que deu de si na práctica este plan estratéxico, e canto do que deu de si tivo repercusión práctica na promoción do turismo en Lugo, e en que medida. No PP están convencidos de que está aínda moi lonxe de alcanzarse o obxectivo do plan en canto a “impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico da provincia na procura dun modelo máis competitivo, innovador e participativo que promova unha nova etapa no desenvolvemento turístico sostible”.
Un plan estratéxico non deixa de ser unha declaración de intencións e unha guía de como levalas á realidade. En opinión de Javier Castiñeira hai indicios de que algunhas das liñas estratéxicas deste plan, como mínimo, non estiveron entre as prioridades dos gobernos socialistas na Deputación. É o caso do turismo fluvial. O portavoz popular sinala: “Como vimos dicindo, nada se mellorou nos últimos tempos en canto ao servizo de catamaráns, que debería ser un dos servizos estrela da Deputación, nunha provincia que ten un gran potencial no turismo de natureza e, sinaladamente, co turismo fluvial. É certo o que se di na presentación do Plan Estratéxico: a provincia é un territorio cun alto potencial turístico, pero non é a maneira máis adecuada de explotalo suprimir, como se suprimiu despois de deixalo abandonado, o servizo de catamarán que operaba na capital lucense, a altura de Los Robles. Tampouco é a mellor maneira de explotar o potencial turístico manter pechado o complexo de Augasmestas”.
Os populares consideran que cando estamos xa moi preto de que se cumpran os tres anos da presentación do plan, é necesario facer balance. Castiñeira sinala: “Non parece o máis indicado que a estas alturas do ano, co verán xa a volta da esquina e nunha situación económica moi complicada, aínda esteamos con encontros telemáticos de turismo, co obxectivo de intercambiar información e escoitar as necesidades do sector e das súas perspectivas sobre a súa reactivación na provincia. Este é un traballo que xa tiña que estar feito. Dixémosllo hai xa moito tempo ao presidente Tomé, pero, como sempre, chega tarde; si, xa sabemos que ao presidente non lle gusta que llo digamos, pero é así: outra vez chega tarde”. Castiñeira engadiu: “Mire se chega tarde que sacou o catamarán do Miño en Lugo e alí quedou e alí segue meses despois, como monumento á desidia, o inútil pantalán podrecendo e afeando á area de Los Robles”.
Na presentación do plan pódese ler: “(…) será a folla de ruta que permita ao territorio conformado pola provincia de Lugo posicionarse no mercado e chegar a un maior número de turistas e visitantes que poidan coñecer a riqueza da zona. Será un instrumento chave para a posta en valor do territorio, converténdoo nun destino sostible e de calidade”. Castiñeira sinala: “Pois agora é o momento de saber cantas portas abriu esta chave á provincia de Lugo. Por iso solicitamos un balance detallado do feito pola Deputación con base neste plan estratéxico”.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



