Lugo, 24 de xuño, 2020. A cabeza de lista da candidatura do PPdeG pola provincia de Lugo ás eleccións ao Parlamento galego, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente da Asociación Profesional de Ximnasios e Actividades Físicas de Lugo, José Manuel Gómez; para amosar o seu apoio ao sector “tal e como merece pola súa implicación no proceso de sensibilización do conxunto da sociedade sobre a importancia da práctica deportiva para a mellora da nosa saúde”.
A popular explica que “a importancia do deporte e da actividade física se confirmou con episodios como o que vivimos por mor do confinamento derivado da pandemia do coronavirus”. Non esquece que “a práctica habitual de exercicio repercute de forma directa na saúde das persoas e por iso as administracións públicas deben potenciala e apoiar as distintas iniciativas que xorden neste sentido”. Nese sentido, sinala o incremento do número de ximnasios e de distintos establecementos relacionados coa actividade física na nosa provincia nos últimos anos e destaca “a profesionalización do sector”.
Candia, que recolleu as demandas e inquietudes do colectivo, sinala que “este sector está atravesando momentos difíciles” ao recordar que “durante o período de emerxencia sanitaria os ximnasios tamén se viron obrigados ao peche” ata a súa recente reapertura aplicando as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para garantir a protección dos seus usuarios ante a covid-19.
Ante esta situación, a popular amosoulle ao presidente do colectivo na provincia o seu compromiso de “trasladar ante o Goberno galego a necesidade de estudar a implantación de medidas de impulso ao sector”. Nese sentido, recorda Candia que “a Xunta ten amosado o seu compromiso e vontade de traballo de cara á reactivación do tecido produtivo galego” e, nesa liña, “dispuxo medidas dirixidas a autónomos e pemes, dentro do Plan de reactivación económica de Galicia, para facer fronte aos retos que se presentan trala situación derivada da covid-19”.


















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



