Lugo, 16 de xuño de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse esta mañá con representes da Garda Civil, a Policía Nacional e do servizo de Protección Civil da Subdelegación do Goberno para coordinar a participación da administración do Estado na campaña contra os incendios forestais na provincia de Lugo. Na xuntanza coa subdelegada tomaron parte o xefe do Seprona, tenente Carlos Rodríguez; e o responsable do equipo de Incendios da Comandancia da Garda Civil, Jaime Lage; o inspector xefe da brigada de Seguridade Cidadá da Policía Nacional, Pablo Fernández, e o inspector da mesma brigada, Hugo Saavedra; así como o xefe da Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno, Juan Yáñez, que posteriormente participaron, por vía telemática, nunha reunión do Comité de Coordinación Provincial Antiincendios de Lugo para establecer as zonas de cobertura das Forzas e Corpos de Seguridade e do Ministerio de Defensa.
Isabel Rodríguez subliñou que o Goberno ten un compromiso decidido na loita contra os incendios forestais e a conservación do medio ambiente, proba disto é a colaboración que presta á Xunta de Galicia no dispositivo que se despregará este verán en todo o territorio da provincia e o resto da Comunidade Autónoma para loitar contra o lume e o traballo constante que fan as forzas de seguridade do Estado na persecución deste tipo de atentados contra o medio ambiente..
A subdelegada indicou que o dispositivo para a campaña contra os incendios deste verán en Galicia contará con medios e persoal dos ministerios do Interior, Defensa e Transición Ecolóxica. En total son máis de 500 persoas e dez medios aéreos que o Goberno pon a disposición da Xunta para combater os incendios forestais.
A campaña de verán supón un reforzo da actividade que durante todo o ano levan a cabo as forzas e corpos de seguridade do Estado para protexer o medio ambiente. Neste sentido, a subdelegada informou de que desde o mes de xaneiro, a Garda Civil e a Policía Nacional detiveron ou investigaron 4 persoas por delitos de incendios. En 2019 foron 26 as persoas detidas ou investigadas polas forzas e corpos de seguridade do Estado por incendios e delitos contra o medio ambiente na provincia de Lugo.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



