Burela, 25 de xuño de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, fixo unha chamada á responsabilidade individual para loitar contra o Covid-19. En Burela e en Xove apareceron casos positivos nas últimas horas.
O rexedor dixo que “para a semana que vén vamos ter en Burela a xunta local de seguridade, na que hai unha serie de temas que temos que tratar, que son os máis comúns e que sempre se abordan neste tipo de reunións porque son os relativos á seguridade en xeral. Pero eu tamén quero propoñer que se analice como se pode mellorar a seguridade da poboación fronte ao coronavirus porque hai que recoñecer que na Mariña, concretamente en Xove e en Burela, temos casos positivos, xa hai alguén hospitalizado; e por tanto hai que facer unha chamada de atención porque a única maneira de evitar todo isto é coa responsabilidade individual de cada un. Cada persoa ten que esixir seguridade e ofrecela porque estase relaxando moitísimo todo isto e pode ser preocupante”.
Llano explicou que “un dos asuntos que vamos tratar é analizar como se pode facer para motivar e concienciar aos cidadáns porque se nos descoidamos pode haber retrocesos, o que nos volvería prexudicar moitísimo tanto individual como socialmente. Así que apelamos á responsabilidade de cada quen”.
O alcalde indicou que “en Burela hai moita xente que leva mascarilla, pero tamén hai outros moitos que non o fan. E as aglomeracións de xente en moitos sitios son preocupantes tamén, porque nunca se sabe onde está o coronavirus esperando. Moita da xente que agora dá positivo é asintomática. Por tanto aparentemente estamos todos perfectos pero calquera pode contaxiar”.
E engadiu: “debemos ser conscientes do que está ocorrendo e non descoidarnos”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



