Viveiro, 26 de xuño, 2020. O pleno municipal de Viveiro comprometeuse públicamente a respectar a moción do BNG aprobada en pleno para declarar Viveiro libre de contaminación electoral, a cal propoñia que desde o Concello se habilitasen taboleiros/paneis en cada unha das parroquias do municipio, para que cada grupo político expoña aí a súa propaganda nas diferentes convocatorias electorais, renunciando así, á mala práctica tradicional de invadir todo o concello con cartelería nos seus diferentes formatos e materiais, xa sexa colada ou pendurada.
Logo dunha moción moi debatida, onde ningún do resto de partidos da corporación municipal aceptaba o punto de non pendurar propaganda electoral das farolas do concello, dende o BNG decidimos excluílo da moción para que polo menos saíse aprobado o resto, e poder minimizar así a gran parte de contaminación electoral “colada” en Viveiro. Resultando poder colocar propaganda electoral únicamente en dous sitios, nas luminarias do concello e nos taboleiros habilitados para tal fin.
Desde o BNG comprometémonos a cumplir co acordado de declarar Viveiro libre de contaminación electoral, agardando que desta volta respecten TODOS os partidos políticos a moción e non como ocorreu en pasadas convocatorias.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



