Ribadeo, 10 de xuño de 2020. O Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade, no pleno extraordinario celebrado onte, o Plan Especial de Protección das Catedrais para ordenar o entorno das 54 hectáreas que rodean o monumento natural. Na sesión deuse o visto boa o convenio que o Concello subscribirá con Acisa por un período de tres anos e cunha dotación de 55.000 euros. Tamén foi aprobada a modificación do regulamento de réxime interno do Hospital Asilo para equiparalo ao da nova residencia de maiores. O inmoble do Hospital Asilo vai ser sometido a unha importante reestruturación para a que o Concello agarda contar coa colaboración da Xunta de Galicia.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “neste primeiro pleno extraordinario, que tivemos na tarde de onte, onde se abordaron unha chea de puntos moi importantes e onde practicamente todos eles tiveron unha aprobación unánime por parte de todos os membros de todos os grupos da Corporación, debemos destacar este convenio marco que se aprobou para asinar un acordo con Acisa, que marcará o camiño para axudar a contribuír a que se adopten unhas medidas para as novas necesidades dos novos tempos que todos temos que afrontar por mor desta crise que estamos padecendo. Trátase dun convenio a tres anos de duración, por un total de 55.000 euros de fondos propios, significando que nesta anualidade de 2020 terá lugar a parte máis cuantiosa, uns 24.000 euros. Queremos traballar para aunar as forzas do Concello con Acisa, para poder superar esta situación con accións que permitan ser unha palanca para o cambio e para a sostebilidade do noso comercio e do noso sector servizos, que son moi importantes en Ribadeo”.
O rexedor seguiu a relatar que “tamén se aprobaron, de maneira unánime, as modificacións do regulamente de acceso de usuarios e usuarias ao Hospital Asilo, igualando os baremos e as condicións aos da nova residencia municipal. De aí que, como nesta nova residencia, vai ter a partir de agora preferencia loxicamente a xente de Ribadeo, pero non se pecha a porta a que outra xente da comarca mesmo poida solicitar praza. Tamén aprobamos a suba interanual do IPC que supón un incremento das tarifas nun 1´2%. Con todo as tarifas deste hospital asilo de Ribadeo seguen a ser das máis baixas de todo Galicia. Ademais dicir que está pendente, moi importante, a reestruturación do inmoble para a cal levamos xa tempo dialogando e traballando coa Xunta de Galicia para abordar a magnitude das obras necesarias que se teñen que realizar, e esperemos que desta volta a Xunta de Galicia tamén participe na súa cofinanciación, algo que non fixo coa nova residencia, que dentro de poucos días fará o seu primeiro ano de uso”.
Suárez Barcia subliñou que “tamén se aprobou, de xeito unánime, o Plan Especial das Catedrais para ordenar o entorno das 54 hectáreas que rodean o monumento natural con estes criterios de mantemento, conservación e protección dos usos agrarios, de conservación dos valores patrimoniais e de integración do turismo. Parece moi simple, pero realmente é moi complexo o feito de xuntar conservación, protección do medio ambiente, difusión turística e ao mesmo tempo que isto sexa unha fonte de riqueza para Ribadeo e para toda a comarca”.
O alcalde dixo que “temos agora, coa aprobación deste Plan Especial, que nos sucesivos tempos ir chamando a moitas portas institucionais da Deputación, da Xunta, do Ministerio e da Unión Europea para intentar converter este plan nunha realidade. Queremos que esa realidade favoreza o transporte público, que contemple a creación de sendeiros con protección adecuada para que a xente poida ir polo cantil co mínimo perigo, para lograr un aparcamento público, para que os turistas que viñeron a centos de miles nos últimos anos sigan vindo e sigan marchando de aquí marabillados pola boa xestión de todo ese entorno, como desde hai moitos anos fano noutros puntos de Europa que sempre nos gusta tomar como referencia, ben sexa Stone Head en Inglaterra, Brú na Bóinee en Irlanda ou a Calzada do Xigante en Irlanda do Norte. Son lugares onde ao longo do ano vai moitísima xente, están moi ben tratados, moi ben conservados, moi ben organizados e nosoutros é o que queremos facer con este Plan Especial das Catedrais, que elaborou un grupo de persoas cun alto nivel técnico, que tivo que superar 19 informes sectoriais de moitas administracións, e que, despois de todas as exposicións públicas, etc…, chega agora ao seu fin e ademais cun broche de ouro moi bonito coa aprobación unánime por parte de todos os membros da Corporación”.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



