Viveiro, 16 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro quere manifestar publicamente o seu malestar coa Xunta de Galicia ao non concederlle a subvención para a contratación temporal de persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), convocada mediante a Orde do 20 de decembro de 2019, que o concello solicitou dentro do prazo establecido.
No artigo 2 desta convocatoria, referido ao financiamento, figura o importe global do crédito consignado, que ascende a 7.698.398 euros. Así mesmo, establécese que “para os efectos de garantir unha distribución o máis equitativa posible dos recursos entre os distintos concellos que poidan participar nesta convocatoria, asignarase a cada entidade solicitante unha axuda inicial equivalente ás contratacións que lle correspondan en función do número de persoas perceptoras da Risga, de conformidade co tramo en que se atope cada un segundo a seguinte escala: a) Ata 10 persoas perceptoras da Risga: ata 2 contratacións. b) De 11 a 50 persoas perceptoras da Risga: ata 5 contratacións. c) De 51 a 100 persoas perceptoras da Risga: ata 10 contratacións. d) De 101 a 700 persoas perceptoras da Risga: ata 20 contratacións. e) De máis de 700 persoas perceptoras da Risga: ata 40 contratacións”.
En base a isto e tendo en conta que o Concello de Viveiro se sitúa no tramo de 51 a 100 persoas perceptoras da Risga, corresponderíanlle ata 10 contratacións.
No seu artigo 11, referido ao procedemento, establécese que “O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento”. É dicir, o procedemento de concesión é de concorrencia non competitiva ata esgotamento do crédito orzamentario.
O Concello de Viveiro non recibiu notificación de concesión de prazas para contratación en virtude desta subvención. Consultada telefonicamente, infórmasenos de que só se notificou aos concellos que recibiron axuda e que se esgotou o crédito, polo que ata transcorrer o tempo dado aos concellos beneficiarios para facer as contratacións e ver se se produce algunha renuncia, non nos poden confirmar se imos ter dereito a axuda para algunha contratación ou non.
A convocatoria de 2019 tivo exactamente a mesma dotación presupostaria (7.698.398 euros) e ao Concello de Viveiro concedéronlle as 10 prazas que lle correspondían por número de Risgas. Nesta ocasión, cando a Xunta de Galicia aproba a orde ten unha previsión dos perceptores de Risga que hai en cada concello, polo que a subvención foi convocada consignando un crédito inferior á realidade existente. Dende o goberno municipal considérase que non pode ser que se convoquen as subvencións e que o crédito sexa insuficiente, sobre todo tendo en conta a situación na que nos atopamos, cando Galicia acaba de pasar á “nova normalidade” e moitas das esixencias desta nova situación recaen sobre os concellos, que teñen que intensificar as labores de limpeza e desinfección.
As dez persoas que lle corresponderían ao Concello de Viveiro ían ser destinadas á limpeza das praias, era un persoal co que xa se contaba e que é moi necesario. Ten acontecido con outro tipo de convocatorias, por exemplo para a execución de obras, que o crédito consignado se esgotase e que a este concello se lle denegasen subvencións, pero neste caso é diferente, pois a Xunta sabe os beneficiarios de Risga que hai en cada concello.
Da mesma maneira, tamén se quere manifestar o malestar do goberno municipal polo número de socorristas concedidos -os mesmos que o ano pasado-, que resultarán insuficientes para atender todas as praias cando este verán, ademais, vai ser necesario adoptar máis medidas e precaucións, atendendo ás esixencias establecidas.
Considérase que a Xunta de Galicia quixo ir de abandeirada sendo a primeira comunidade autónoma en abandonar o estado de alarma, para quedar ben publicamente e dando a entender que todo vai ben; mentres os concellos se atopan na difícil situación de adoptar unha serie medidas de control, protección, limpeza e desinfección para as que non dispoñen de medios.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



