Viveiro, 29 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro anuncia á veciñanza que este mércores, 1 de xullo, pechará as súas instalacións como mostra de solidariedade cos traballadores de Alcoa, que farán unha folga nesa xornada, e reivindica unha solución urxente que evite os despidos
A factoría de Alcoa en San Cibrao atópase nunha grave situación, tras o anuncio por parte da empresa dun despido colectivo que afecta a 534 empregados de forma directa ademais de afectar a un gran número de traballadores de forma indirecta.
Na planta de Alcoa San Cibrao traballan de forma directa unhas 2000 persoas, incluíndo o persoal da factoría e o das empresas auxiliares, ademais de xerar miles de postos de traballo de forma indirecta en toda a comarca; unha parte importante do PIB da provincia de Lugo corresponde a esta fábrica e que o seu impacto económico na é fundamental, polo que este anuncio de despido por parte da propietaria da factoría supón un grave prexuízo económico para toda a comarca, que de facerse realidade suporía unha hecatombe para Viveiro e o resto de municipios da Mariña, xa de por si castigada pola industria e afectada neste momento pola crise económica derivada do COVID19.
Tendo en conta que os traballadores da factoría de San Cibrao e das empresas auxiliares farán unha folga o 1 de xullo para reivindicar unha solución urxente a esta situación e tendo en conta, así mesmo, que hai diversos comercios de Viveiro que o vindeiro mércores tamén permanecerán pechados, dende o goberno municipal vén de acordarse o citado peche das instalacións municipais o vindeiro 1 de xullo como mostra de solidariedade cos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares para reivindicar unha solución urxente que evite os despidos anunciados e que garanta o futuro desta factoría, fundamental para a comarca, así como o mantemento de todos os seus postos de traballo.
Para garantir a atención á cidadanía manteranse operativos os servizos do Rexistro Municipal, o Padrón de Habitantes, a atención telefónica na Casa do Concello e no Centro de Servizos Sociais, as citas previas concertadas no servizo de Catastro, Policía Local e Protección Civil.
Manteranse abertos e operativos os servizos do Cemiterio, Praza de Abastos e Matadoiro; así como os servizos de abastecemento domiciliario de auga potable e sumidoiros e recollida de residuos sólidos urbáns, limpeza viaria e punto limpo.
Dende o goberno municipal quérese amosar publicamente, unha vez máis, a súa preocupación pola situación na que se atopa a planta de alúmina-aluminio de San Cibrao, manifestando a súa total solidariedade cos empregados de Alcoa e das súas empresas auxiliares e instando ás administracións competentes a buscar unha solución definitiva para garantir a continuidade da factoría na comarca.
O Concello de Viveiro pon ademais un autobús a disposición das persoas que queiran asistir á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela este mércores 1 de xullo, ás 12:00 horas en apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa, para garantir a continuidade da factoría e o mantemento de todos os postos de traballo.
Este autobús sairá ás 08:30 horas da estación de autobuses de Viveiro. Ten un total de 55 prazas e será obrigatorio o uso de mascarilla durante todo o traxecto.
As persoas que queiran facer uso deste servizo, deben reservar a súa praza chamando ao teléfono 982.560.128 ou enviando un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



