O Valadouro, xoves 4 de xuño de 2020. O concello de O Valadouro aprobou no pleno celebrado este martes 2 de xuño, as bases da Convocatoria de Axudas ao Pago da Factura do Suministro Eléctrico. Esta reivindicación dos nacionalistas que xa a plasmaran no seu programa electoral víu por fin a luz despois de varios plenos de debate ao respecto, conseguindo a unanimidade da corporación no pleno extraordinario do 2 de xuño donde xa todos os grupos se pronunciaron a favor da proposta do BNG de engadir 100.000€ ao Suplemento de Crédito para consignalos na partida de gastos 231-48 co fin de axudar ao pago da factura da luz ás familias do Valadouro.
Axudas de entre 300 e 600 por unidade familiar e en función da renda e o consumo
No pleno celebrado o 2 de xuño, a corporación respaldou tamén unánimemente a proposta nacionalista para as mencionadas bases que rexirán estas axudas que tenen un límite de 600€ por unidade familiar, no caso do 100% do consumo para rendas anuais de unidade familiar menores de 11.000€, sendo de 500€ ata o 90% do consumo para unha renda anual de unidade familiar comprendida entre 11.001€ e 15.000€, e 300€ nos caso de ata o 80% do consumo e para as rendas anuais das unidades familiares comprendidas entre 15.001€ e 22.000€.
Garantir a calidade de vida e o benestar, combatir a pobreza derivada dos prezos abusivos da enerxía, fixar poboación, e implantar estas axudas tamén nos vindeiros anos son os obxectivos do BNG
Según manifestou o portavoz municipal do Bng, Eduardo Chao, os obxectivos estratéxicos destas axudas son entre outros, combatir a pobreza, e neste caso a derivada dos abusivos prezos da enerxía, garantir a calidade de vida e de benestar de todos os veciños do concello de O Valadouro, fomentando o asentamento de veciños no concello. “E non é algo puntual para este ano só, esta liña de axudas temos que mantela de aquí en diante, nos vindeiros anos”, afirmou.
Chao referíuse tamén á importancia que estas axudas van ter para compensar a xeración de riqueza a través dos nosos recursos naturais explotados por empresas con sedes fiscais fóra do noso territorio e tamén para compensar o impacto medioambiental na zona dos parques eólicos. “Ainda que temos ingresos como contraprestación á instalación de aeroxeradores no noso concello a través do Fondo de Compensación Ambiental, esas cantidades son irrisorias comparado cos beneficios que se levan de aquí as eléctricas, e nós queremos que os beneficios redunden en favor da veciñanza que actualmente está pasando por moitos problemas” manifestou.
Modelo Muras, Modelo BNG e Tarifa Eléctrica Galega
O tamén concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro explicou o que supón esto mesmo en términos políticos, pois o BNG leva tempo reclamando que os beneficios da enerxía que produce o noso vento repercutan en beneficio das veciñas e veciños dos territorios donde se produce a enerxía. “Medidas coma a implantación dunha Tarifa Eléctrica Galega son urxentes e necesarias, tal como estamos a ver cando as empresas, tanto as pequenas consumidoras como as grandes consumidoras tenen problemas polo elevado prezo da enerxia”, afirmou.
Referíuse tamén Eliseo Teijeiro á escandalosa suba do recibo da luz na última década, case o 80% para os consumidores finais, suba consentida polos diferentes gobernos do Estado, “por eso ante a impasibilidade do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza para que o noso país teña unha tarifa eléctrica mais barata como produtores que somos de enerxía, nós non nos resignamos ante esta aldraxe e aquí no Valadouro, e desde o BNG cumplimos a nosa palabra, ao igual que fixo o BNG tamén no veciño concello de Muras con medidas semellantes a esta”, concluíu.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



