A Mariña, 22 de xuño de 2020.- O PP da Mariña cre que “a única maneira aceptable de que o PSOE asista ás concentracións a favor da continuidade dos postos de traballo na planta de Alcoa en San Cibrao sería traendo baixo o brazo a aprobación dun prezo eléctrico competitivo para as empresas electrointensivas que permita á industria mariñá competir no mercado en igualdade de condicións que as plantas europeas e, polo tanto, garantir a súa viabilidade e a continuidade dos empregos na nosa comarca”.
Os populares aseguran que “estamos do lado dos traballadores e da continuidade da actividade na planta” e, polo tanto, “todas as reivindicacións teñen o noso apoio”. Con todo, recordan que “a responsabilidade política, neste momento, é do PSOE como principal partido do Goberno de España” ao que lle esixe “poñer enriba da mesa un estatuto –que leva ano e medio prometendo- que realmente sirva para dar solución ao problema que arrastra a fábrica e que tanto agardamos dende a nosa comarca. É dicir, un estatuto que recolla as alegacións presentadas, xa que de nada serviría un estatuto que non deixe o prezo da enerxía no entorno dos 35 euros/Mw, que é o que a fabricación do aluminio precisa para ser competitiva”.
Desde o PP agardan que na mesa multilateral convocada para mañá martes, o Goberno responda aos compromisos pendentes e se sume á proposta da Xunta. Neste senso lembran que, unha vez cumpran este obxectivo do prezo eléctrico, a proposta da Xunta é que se destinen á modernización da fábrica parte dos fondos europeos que Galicia recibirá para os plans de industrialización das empresas que desenvolven servizos esenciais, ademais de ofrecer a súa colaboración a través dun préstamo participativo.
Os populares insisten en que está en xogo o futuro de moitas familias da Mariña: dende traballadores directos, indirectos e moitos outros servizos da comarca que se verían gravemente prexudicados polo peche da fábrica. É por iso polo que esixen aos socialistas que demostren o seu compromiso co futuro da comarca ante esta situación tan crítica que veñen advertindo dende fai tempo e, polo tanto, que o Goberno do PSOE responda ante esta situación.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



