Mondoñedo, 24 de xuño de 2020. A cidade de Mondoñedo acolle o domingo 5 de xullo a décimo terceira edición das Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’ que, nesta ocasión, percorrerá un tramo do Camiño Cultural, entre a Basílica de San Martiño (Foz) e a Catedral de Mondoñedo, co obxectivo de promocionar e difundir esta ruta.
Ás nove e media da mañá está prevista a saída en autocar dende o cruce do seminario coa Avenida de Bos Aires ata o inicio da ruta. Un grupo reducido de persoas poderá participar, a partir das dez e media da mañá, nunha visita guiada ao Centro de Interpretación e ao interior da Basílica previa solicitude.
A ruta continuará en autobús ata a igrexa da Ermida dende onde comezará o camiño a pé ata o centro sociocultural de Oirán. Unha vez reagrupados os participantes con tempo para o descanso e o refrixerio, a viaxe continuará en autocar ata o barrio da Retorta, en Masma, para continuar o percorrido a pé ata o barrio da Ferrería, en Viloalle.
A igrexa de San Ramón acollerá ás dúas da tarde a Oración do Peregrino polos compañeiros e peregrinos falecidos, as persoas enfermas e as afectadas pola pandemia da covid-19. De feito, a xornada terá moi presente a actual situación sanitaria e reforzará as medidas de prevención e hixiene.
O traxecto continuará ata a área recreativa A Fervenza onde terá lugar a parada de avituallamento campestre para o que cadaquén deberá levar a súa comida e bebida.
A programación tamén contempla xogos populares a partir das catro da tarde. De feito, haberá trofeos para as mellores parellas do Torneo de Chave. A partir das cinco retomarase a andaina ata rematar o Camiño Cultural na praza da Catedral de Mondoñedo.
Música
Un cuarteto de corda porá música á xornada a partir das oito e media do serán. O concerto, enmarcado no Festival de Música de Cámara MindoMúsica 2020, terá lugar na Catedral de Mondoñedo. As persoas interesadas en asistir deberán comunicalo previamente porque o aforo será limitado.
Inscricións
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o venres 3 de xullo. As persoas interesadas poden solicitar información na Oficina de Turismo de Mondoñedo, no teléfono 982 50 71 77 ou contactando coa asociación Abrindo Camiño -organizadora das xornadas- a través do enderezo electrónico elremansoes@yahoo.es ou do teléfono 639 072 769. A cota de colaboración é de 5 euros.
Estas xornadas contan coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Deputación Provincial, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Protección Civil e do proxecto tecnolóxico Mondoñedo Valley que nace en colaboración coa Universidade Rey Juan Carlos de Madrid co obxectivo de posicionar a Mondoñedo na rede.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



