Lugo, 24 de xuño de 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto coa número 3 da lista do BNG, Carme Aira e o Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantiveron unha xuntanza con persoal sanitario do SERGAS. Nesta xuntanza, Olalla Rodil trasladou o compromiso do BNG “para poñer en marcha un plan de reordenación de recursos humanos para acabar coa precariedade do SERGAS”. Segundo Rodil, “precisamos un sistema sanitario forte, que responda ás necesidades das galegas e galegos e non faga recaer a súa forza no esforzo sobrehumano das profesionais que traballan nel”.
“O persoal sanitario non precisa bonos de 250 euros para gastar en bares e restaurantes”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “coa crise do COVID-19 quedou máis claro aínda que desde a Xunta de Galiza debemos traballar para que o persoal sanitario teña unhas condicións de traballo dignas e estabilidade laboral”. Rodil defendeu tamén a posta en marcha dun plan de mellora da atención primaria, que dote aos centros de saúde e PACs dos recursos humanos, materiais e económicos necesarios.
A candidata do BNG afirmou que “nesta xuntanza quedou claro que os 11 anos de recortes do Partido Popular foron nocivos para as traballadoras e traballadores da sanidade pública”. “A partir do 12 de xullo, con Ana Pontón como primeira muller presidenta da Xunta de Galiza, desde o BNG traballaremos por darlle ao persoal sanitario a homenaxe que merece, en forma de condicións de traballo dignas e dereitos laborais”, declarou Olalla Rodil.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



