Lugo, 10 de xuño de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero remarcou hoxe o compromiso do Partido Socialista co futuro de Alcoa, e esixiu á empresa “que facilite a súa viabilidade”. A Secretaria Provincial explicou que a reunión da mesa confirmou a absoluta disposición do goberno de Pedro Sánchez para atopar unha solución que garanta os empregos e a viabilidade da produción de aluminio.
O Grupo Socialista mantén a súa proposta de man tendida á Xunta de Galicia para traballar de xeito conxunto , a carón á Mancomunidade de municipios da Mariña e os representantes dos traballadores, para sumar forzas e impedir o peche desta empresa, vital para a Comarca.
A dirixente socialista remarcou que “a unidade é a condición imprescindible para gañar esta batalla, e tamén é unha obrigación das institucións cos traballadores e traballadoras deste sector”. Nesa liña advertiu “lamentamos por irresponsable a cerrazón mostrada pola empresa onte (martes), e a súa negativa ao diálogo para evitar o seu peche”.
Otero expuxo “si Alcoa non quere dar continuidade ao seu proxecto industrial, debe deixar paso a unha venda para que outros o fagan. É unha obrigación inescusable para unha empresa que recibiu nos últimos 9 anos 693 millóns en fondos públicos”, espetou.
Acabáronse as escusas para a multinacional
E insistiu nas súas criticas “acabáronse as escusas para a multinacional. O Goberno deu garantías plenas en canto ao prezo da electricidade e esixiu á empresa un proxecto de industrialización que ofreza futuro de produción e emprego. A Xunta de Galicia e o PP deben descartar calquera tentación de instrumentalizar electoralmente a ameaza de peche de Alcoa, e aceptar a man tendida do Partido Socialista para sumar esforzos”.
“Agora é o momento da política con maiúsculas e de aunar esforzos. Os traballadores esíxennos, con toda a razón, que sumemos e desbotemos calquera enfrontamento partidista. Por iso quero que saiban que poden contar co apoio do Partido Socialista, como sempre fixemos. Revalidamos o noso compromiso co Comité de empresa para sumar forzas e dar un futuro aos traballadores, ás súas familias e a toda A Mariña”, avanzou a secretaria provincial.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



