Ribadeo, 5 de xuño de 2020. A Concellería de Cultura anunciou que esta semana se reanudou o prazo para participar no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. A data para a presentación de traballos é ata o vindeiro 20 de xuño. A edil Pilar Otero anima a participar nesta cita na que se establece un premio de 300 euros en cada categoría: relato curto, poesía e debuxo.
Pilar Otero declarou que “esta semana se reanudou o prazo para a participación no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar todas as persoas que naceron ou viven en calquera dos Concellos da Mariña e que, con data 20 de abril de 2020, tiñan entre 16 e 30 anos”.
A concelleira de Cultura lembrou que “se establecen tres modalidades de participación: relato curto, poesía e debuxo, cun so traballo por persoa de temática libre aínda que se valora de xeito especial que as obras teñan perspectiva de xénero e que reflictan aspectos ou elementos de Ribadeo e da súa comarca”.
Otero Cabarcos engadiu que “haberá un premio de 300 euros en cada categoría. Desde a Concellería de Cultura animamos a toda a mocidade a participar neste certame. As bases xa foron publicadas a finais do mes de marzo e agora pódense revisar de novo na páxina de facebook de Cultura”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



