Cervo, 22 de xuño de 2020. O rexedor cervense, Alfonso Villares, precisa que todas as reivindicacións que fagamos para mellorar a nosa Comarca son poucas, pero considera “desapropiada” a manifestación que terá lugar esta tarde en Burela “non polo fondo, non polas demandas, que xa digo que moitas máis teriamos que incluír dirixidas á Deputación, á Xunta, ao Goberno…; senón polo momento no que nos atopamos, porque penso que “o único que imos conseguir é dispersar a mensaxe e desviarnos do gran problema que ameaza hoxe a toda a bisbarra e a moitos sectores e servizos: o inminente peche da nosa fábrica de aluminio se o Goberno non actúa xa”.
Neste senso, Villares recorda que “levamos case dous anos reclamando todos os mariñáns, capitaneados polo comité de empresa de Alcoa, a aprobación dun estatuto de empresas hiperelectrointesivas que non chega”, polo que esta concentración o que si que podería ser é unha boa oportunidade para instar aos dirixentes socialistas que acudan a ela “a que amosen dunha vez por todas este documento e que lle esixan ao Goberno do Estado que convoque urxentemente a poxa de interrompibilidade para o segundo semestre do ano, incluíndo os bloques de 90 MW, “que nos devolva así a todos os mariñáns eses 70 millóns de euros anuais que nos quitou nestes dous anos, e que desviou cara outros territorios de España; imposibilitando así que podamos seguir a producir aluminio na nosa zona”.
Todos os mariñáns sabemos que mentres non se aprobe ese estatuto –engade- “mentres non se devolvan eses cartos, o único responsable do peche –que temos que intentar evitar como sexa- é o Goberno central que obviou e segue a obviar as demandas conxuntas da bisbarra”.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



