Lugo, 17 de xullo de 2020. A área de Cultura da Deputación de Lugo levará a estrea do filme “María Solinha”, dirixida por Ignacio Vilar, a 12 concellos da provincia.
“Queremos axudar aos creadores galegos a chegar ao máximo público posíbel, pois na distribución enfróntanse a dous grandes retos: as dificultades para entrar nos circuítos comerciais e a falta de cines na maior parte dos concellos de Lugo. Con esta iniciativa apostamos pola cultura máis alá das cidades levando a estrea aos pequenos concellos da provincia” explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Maite Ferreiro.
Xa están confirmadas 10 datas para as proxeccións, que se farán ao aire libre, en espazos exteriores con asentos ubicados para asegurar a distancia interpersoal requerida para a protección da saúde colectiva.
A primeira proxección,o vindeiro luns, 20 de xullo, a Pobra do Brollón, e mais na prevista para luns, 3 de agosto, en Barreiros, serán premiers coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as dúas actrices protagonistas: Grial Montes e Laura Míguez.
O filme conta coa participación do músico sarriao Abraham Cupeiro, compositor da banda sonora, gravada no estudo Abrigueiro en Friol. A Deputación apoia a promoción e exhibición da película na provincia cunha colaboración de 4.500 euros.
Calendario de estrea:
– 20 de xullo: A Pobra do Brollón: Premier coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez.
– 21 de xullo: O Corgo.
– 27 de xullo: Meira.
– 28 de xullo: Vilalba.
– 3 de agosto: Barreiros: Premier coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez.
– 4 de agosto: Guitiriz.
– 11 de agosto: Becerreá.
– 17 de agosto: Monterroso.
– 18 de agosto: O Valadouro.
– 25 de agosto: Outeiro de Rei.
Queda por concretar a data doutras dúas proxeccións previstas na Fonsagrada e en Xove.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



