A Mariña, 3 de xullo, 2020. ABANCA dá un novo paso na súa estratexia de apoio ao mundo do mar. A entidade convocou de forma telemática un encontro cos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) para coñecer de primeira man as demandas do sector e trazar unha nova alianza conxunta fronte á situación actual. Con esta nova iniciativa, o banco dá continuidade ao diálogo que mantén cos principais axentes do sector en Galicia para ofrecer solucións adaptadas a cada segmento.
A cita telemática contou coa participación de representantes de todos os grupos de acción local pesqueira que operan na costa galega. Por parte de ABANCA asistiron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o coordinador de ABANCA MAR en Galicia, Miguel Ríos.
Na reunión os representantes dos GALPs expuxeron o punto no que se atopan os programas de axudas que xestionan e que promoven o investimento en zonas costeiras no ámbito da creación de emprego, igualdade, diversificación e cultura vinculada ao mar, co obxecto de xerar actividade en zonas costeiras.
Desde o inicio desta crise, o banco mantivo un contacto fluído e regular cos principais axentes do sector, confrarías cooperativas de armadores e outros axentes. Unhas comunicacións a distancia que permitiron adaptar a oferta de ABANCA ás súas demandas máis urxentes e que se materializan nun catálogo que agora inclúe produtos con prazos máis amplos de amortización, a introdución de carencias no financiamento ou a tramitación máis rápida e sinxela de expedientes, entre outras novidades.
O encontro de traballo serviu tamén para rubricar e dar continuidade ao marco de colaboración financeira que mantén ABANCA cos GALP galegos. Estes protocolos están adaptados ás necesidades destes grupos, con distintas alternativas de financiamento para apoiar os proxectos con axudas europeas que xestionan.
O mar, unha actividade estratéxica para ABANCA
ABANCA reforza día a día o seu compromiso coa actividade pesqueira e con toda a súa cadea produtiva. Desde a creación da unidade dedicada ao sector, ABANCA Mar, a entidade financeira mantén unha clara orientación cara á cadea de valor do mar, grazas a xestores especializados e un catálogo de produtos e servizos que se adaptan aos distintos segmentos deste colectivo.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



