Ribadeo, 3 de xullo de 2020. Acisa Ribadeo fai un chamamento á poboación en xeral para cumprir coas normas establecidas a día de hoxe, especialmente no que ten ver coas tendas, bares e outros negocios.
O presidente do colectivo, Francisco Iriarte, sinalou que “é moi importante que todos cumpramos coas normas. A maior parte da cidadanía está facéndoo, pero sempre hai excepcións. Por iso desde Acisa queremos unirnos ás administracións que, como o alcalde de Ribadeo, están facendo un chamamento á poboación a usar a máscara e a cumprir con todas as normas. Debemos facelo polo ben de todos e todas e non actuar con responsabilidade pode supor retroceder nos pasos que fomos dando, sendo un prexuízo inasumible para nosoutros”.
Iriarte indicou que “a maioría dos empresarios de Ribadeo están facendo esforzos sobre humanos para adaptar os seus negocios ás novas normativas, para poder traballar con todas as garantías, tanto para eles como para os seus clientes. Pero, dadas as circunstancias, é importante insistir. Non debemos relaxarnos en nada”.
Pola súa banda, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “nestes últimos días temos repartido máis material tanto de protección como de información. Hai algo que nos preocupa especialmente, é que os negocios nos trasladan a súa inquedanza porque en ocasións os clientes non cumpren coas normas establecidas, poñendo nunha situación comprometida ao comerciante ou hostaleiro, xa que lles teñen que chamar a atención. Por iso insistimos na chamada ao sentidiño e ao uso do material informativo que repartimos para que todos os clientes en todos os negocios coñezan as normas que hai que cumplir”.
Pérez Prada lembrou que “as normas son moi claras, a máscara é obrigatoria non só na vía pública, senón en calquera establecemento comercial, centro de traballo e ao entrar e saír dun bar ou restaurante, tanto para pedir unha consumición como para saír a fumar ou ir ao baño, e sempre que se entre en calquera establecemento debe limparse as mans con xel. É importante tamén que os clientes sigan as indicacións do persoal de cada establecemento e pregunte si se poden sentar nunha mesa, se está hixienizada ou non. Por suposto ademais débese cumprir co límite de aforo e as normas de distanciamento físico. Tamén é moi importante non incomodar a outros clientes. Poñemos un exemplo: xente de pé nunha terraza que está adaptada para permanecer sentados e coa xente agrupándose entre as mesas. Fagamos pois, entre todos, máis fácil o traballo de comerciantes e hostaleiros”.
Iriarte Quintana fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza: “recomendamos informarse a través de fontes oficiais. Os rumores son algo negativo para o conxunto da cidadanía e cando se trata de negocios as informacións erróneas e sen contrastar supoñen un prexuízo para a súa imaxe e para a imaxe de Ribadeo. Fuxamos da difusión de rumores e comentarios sen sentido. Actuemos con cabeza, con respecto e con responsabilidade”.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, rematou sinalando que “Ribadeo é un sitio marabilloso para vivir e visitar, moito máis agora co bo tempo, e se todos cumprimos coas normas poderemos disfrutar deste verán sen ningún problema. Ribadeo é un lugar seguro para as vacacións. Na última quincena non se rexistraron casos positivos por coronavirus neste concello. Agardamos seguir así, aínda que este bo dato pode cambiar en calquera momento. Nas nosas mans está”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



