É chocante que despois do ciclo aberto polo 15-M en 2011 e pola época do éxito electoral das Marés (eleccións locais de 2015, xerais de 2015 e 2016 e, en boa medida as autonómicas de 2016) os resultados deste 12-X de 2020 sexan cuspidiños aos daquel lonxano 1997, cando Fraga quitou 42 deputados para o PP (os mesmos ca Feijóo arestora), Beiras 18 para o BNG (Ana Pontón rachou onte este récord acadando 19) e Caballero 15 para o PSOE (daquela foi o tío Abel, hoxendía alcalde absoluto de Vigo, mentres que agora o sobriño baixa un empatando a peor marca histórica do PSde G nunhas eleccións nacionais galegas: os 14 de Xaquíbn Leiceaga en 2016).
O trunfo de Feijóo (48% dos votos, unhas décimas e un deputado máis ca no 2016) é evidente e cómpre recoñecerllo sen desputa ninguha. Si é verdade que a súa base electoral é máis rural ca urbana, máis de persoas idosas ca de persoas máis novas, mais todos os votos son iguais e haberíamos gravar esta regra a lume nos nosos miolos. Feijóo afunde a Vox e Cs ( que quitaron cadanseus 2% e 0,74% de votos) e ponse 12 mil votos por riba da suma dos comúns, socialistas e nacionalistas, rachando a clara vitoria das esquerdas das dúas eleccións xerais de 2019 e das municipais. Nidio é que a xestión do Covid, malia as graves chatas na súa xestión sanitaria e de servizos sociais, beneficioulle. De calquera xeito comeza unha lexislatura cunha ampla e anovada vantaxe que afortalará a tendencia a adoptar as decisións económicas, ambientais, universitarias, educativas, sanitarias…que compoñen o seu programa de máximos.
Mais o electorado alternativo elixiu concentrar moitos votos no BNG de Ana Pontón, que bateu os records de Beiras acadando case a cuarta parte dos votos, mntres o PSOE ficaba por baixo do limiar do 20%. E, deste xeito, Ana Pontón visualízase como líder indiscutíbel da oposición, en proceso de alargamento da base electoral do soberanismo cara ao galeguismo até de agora exterior ao BNG e tamén cara ao espazo progresista en xeral, papándolle moi boa parte do espazo da esquerda estatal.
Porque foi a esquerda española a grande derrotada. Para o PSOE ficar terceiro, con menos do 20% e cos mesmos deputados ca no 2016 é un gravísimo fracaso, moito máis se pensamos que o PSOE gañou as eleccións xerais de hai un ano e case empatou as de hai oito meses. A carreira política de Gonzalo Caballero, que colleitou un fracaso semellante ao do seu tío Abel no 1997 está moi en dúbida, porque ademáis está lonxe de ter contentas ás bases socialistas ao longo do País.
O grande fracaso dos Comúns ao obter menos do 4% de votos (o limiar para entrar no Parlamento é do 5%) é o máis sobranceiro responsábel da maioría absoluta de Feijoo. O 0,20 % de votos da innecesaria coalición de En Marea e Compromiso por Galicia confirma na irrelevancia a persoas que non percebiron que rematara o seu ciclo. Estas forzas, canda Podemos, EU e Anova desaparecen da escea parlamentaria, onde fican as tres mesmas forzas ca no 1997 e, ademáis, en posicións moi semellantes.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



