Foz, 5 de xullo de 2020. O alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Fran Cajoto, pide á Xunta de Galicia que facilite aos rexedores municipais información diaria dos casos de contaxiados de COVID-19 por concellos e maior coordinación da administración autonómica coas forzas de seguridade para garantir que todas as medidas se cumpran.
Fran Cajoto explicou: “hoxe mantivemos unha reunión os compañeiros alcaldes co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e trasladounos as distintas medidas que se van adoptar a partir das 24:00 horas de hoxe nun DOG que sairá publicado esta mesma tarde. Estas medidas son por un prazo de 5 días e a máis importante de todas é o illamento da Mariña durante ese período. Vanse prohibir tanto as saídas como as entradas, salvo casos xustificados”.
Cajoto engadiu que “desde logo todos os concellos de Mariña, e en particular o de Foz, vamos colaborar activamente coa Xunta de Galicia, pero pedimos máis información: datos actualizados e oficiais diarios dos casos de contaxiados por municipios; que se nos traslade aos alcaldes esa información. Tamén pedimos unha maior coordinación por parte da Xunta de Galicia cos corpos e forzas de seguridade; téñenos que pasar protocolos para que tanto a Garda Civil como a Policía Nacional, a Policía Autonómica e a Policía Local actúen de forma coordinada para garantir que todas esas medidas se cumpran. Tamén pedimos un maior liderado por parte da Xunta porque é un momento no que hai que tomar as rendas e atallar o virus con eficacia”.
O alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade da Mariña tamén fixo referencia aos establecementos de hostalería e do comercio local, “tan importantes na nosa comarca e concretamente en Foz, que reciben outro duro golpe despois do estado de alarma, no que tiveron que permanecer pechados. A economía vaise resentir e o que podemos facer desde os concellos e acompañar e axudar en todo o que sexa posible. Dar toda a información necesaria e, sobre todo, concienciar á poboación de que hai que usar sempre a mascarilla e hai que manter o distanciamento social. Depende da responsabilidade nosa, de todos os veciños, que atallemos este rebrote e que fagamos fronte ao virus para que non haxa máis porque sabemos que unha mala actuación provoca un novo peche, que ninguén queremos; que suframos unhas consecuencias tan duras por non actuar de forma axeitada”.




















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



