Cervo, 24 de xullo de 2020. O BNG presentou no pleno ordinario do concello de Cervo celebrado este xoves as 13:00hrs. unha moción de urxencia para demandar a cobertura da praza de pediatría por baixa da titular desde fai mais de catro meses. A formación nacionalista explicou que o servizo, compartido co veciño concello de Xove, é unha demanda que vai en aumento especialmente nun periodo do ano no que se incrementa a poboación no concello, ofrecese como alternativa a derivación a Burela onde neste momento tampouco existe servizo pediátrico por baixa do persoal que presta este servizo no Centro de Saúde burelao. Apuntan, desde o BNG, que Cervo xa perdeu unha praza de medico de familia que foi amortizada pola Xunta do PP en 2013 a pesar da mobilización popular daquel momento, hoxe, non estamos en condicións de permitir unha nova amputación nos servizos sanitarios, moito menos cando o que esta en xogo é a calidade asistencial de nenas e nenos do noso concello.
DEMANDAN AO SERGAS A COBERTURA INMEDIATA DO SERVIZO PEDIATRICO E ANUNCIAN A ROTUNDA NEGATIVA A AMORTIZACION DA PRAZA EXISTENTE
Os concelleiros nacionalistas, Diego Fernández e Xorxe Caldeiro, forzaron o debate da iniciativa mediante a presentación dunha moción pola vía da urxencia, á vista da crecente preocupación social pola falta deste servizo que a Xunta de Galiza do PP continúa sen resolver.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro lograron o acordo da Corporación Cervense para “instar á Xunta de Galiza a cubrir de maneira urxente a praza pediátrica durante o tempo de baixa da titular”, así como, “ante a posibilidade de baixa definitiva da pediatra con praza no Centro de Saúde de San Cibrao, instase a cubrir esta baixa con outra facultativa coa mesma titulación, e que en ningún caso se amortice a praza existente na actualidade.”
ESTAMOS ANTE UN TEMA MOI SENSIBEL NO QUE ESGOTAREMOS TODALAS VIAS AO ALCANCE PARA SOLUCIONALO.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro anunciaron que “este e un primeiro paso para reclamar a cobertura deste servizo sanitario, e non descartan acudir a outras vías no caso de que o problema siga sen solucionarse, xa sexa mediante mais iniciativas institucionais ou chamando a mobilización social.”


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



