Santiago de Compostela, 5 de xullo 2020. O BNG, tras unha reunión de urxencia da súa Executiva nacional, pide a suspensión das eleccións na comarca da Mariña ante a dimensión do rebrote da COVID19 con un cento de persoas contaxiadas polo virus e máis de 600 confinadas, nun contexto ademais no que falta un protocolo de actuación por parte do Goberno da Xunta, un plan de actuación que determine con meridiana claridade que pasos dar, que medidas tomar, que medios mobilizar ou cal debe ser a cadea de mando.
Nestas circunstancias, o BNG considera que a única prioridade ten que ser a saúde das persoas, atallar o rebrote e minimizar as súas consecuencias, e que non se lle pode someter á veciñanza da comarca ao dilema de escoller entre a preservación da súa saúde no medio dun rebrote da pandemia e o seu dereito ao voto. Por contra, a veciñanza da Mariña ten dereito a poder exercer o voto coas máximas garantías de seguridade sanitaria que, a xuízo do Bloque, non se dan cando apenas faltan seis días para a cita coas urnas.
A formación que lidera Ana Pontón considera que, neste momento, a prioridade é garantir a saúde dos veciños e veciñas da Mariña e que, controlado e superado o rebrote, será momento de buscar a fórmula máis acaída para que poda exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías tanto democráticas como sanitarias.
O BNG denuncia a improvisación e a irresponsabilidade coa que ten actuado desde o inicio deste rebrote o presidente da Xunta e candidato do PP, primeiro tentando minimizar o problema e despois tentando eludir a súa responsabilidade nos concellos. De feito, a día de hoxe, Galiza segue se ter un protocolo de actuación para afrontar un rebrote, que o BNG leva semanas reclamando.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



