Foz, 23 de xullo de 2020. O Concello de Foz programa cine os xoves na vila e os venres nas parroquias ata o día 21 de agosto. Esta iniciativa da Delegación Municipal de Cultura, foi presentada hoxe, xornada na que se proxectará a película Longa Noite, ás 22:30 horas no Campo da Cabana. Mañá, venres, á mesma hora ofrecerase en Fazouro o filme Dumbo.
O alcalde focense, Fran Cajoto, destacou que é unha presentación “moi especial porque estamos saíndo dunha situación moi complicada que estamos tendo co Covid en todo o Estado, e aquí, na Mariña, houbo un rebrote, que afortunadamente está controlado, están baixando os casos, pero tivemos que pospoñer este proxecto no que cremos moito. Un proxecto máis amplo é sacar a cultura a rúa e visualizala e non esquecernos dun sector que non o está a pasar ben. Este ano coas medidas que temos máis restritivas de control de aforo e como hai que estar todos sentados pareceunos moi boa idea trasladar algo que perdemos hai uns anos, pois tíñamos o cine Pequenete aquí, en Foz, pero desafortunadamente xa non podemos desfrutar del; así devolvemos o cine a Foz a través deste Cine na rúa.
Cajoto engadiu: “estou encantado de contar aquí con Héctor Moris, que é o artífice tamén desta programación, e de poder organizar todo este conxunto de actividades xunto con a técnica de Cultura. Ademais está Ignacio Vilar, director da película María Solinha, e Manuel Pumares, que é un veciño entrañable, traballador do Concello de Foz e actor na película Longa Noite; estamos moi orgullosos de que nos represente aquí. Está tamén Eva Rivas, de Via Láctea Filmes. As produtoras son fundamentais desde logo para poder deseñar este gran xogo que é o cine. Quero darvos as grazas e a benvida a todos e todas a Foz e desexo que disfruten todos, os veciños e os visitantes, desta programación de cine que ademais achegamos tamén as parroquias porque Foz é un conxunto. Somos 100 quilómetros cadrados e os xoves temos cine no casco urbano e os venres en distintos puntos do concello”.
O concelleiro de Cultura explicou que “este é un dos proxectos nos que levamos traballando e xa se ía facer antes do Covid, pero pandemia obríganos a ter un verán un pouco especial e este tipo de eventos axúdannos a controlar o aforo. Quixemos darlle unha volta a este cine que xa se fixo nas rúas nalgún momento no noso concello e o volvemos retomalo e levalo tamén ás parroquias, porque cremos que Foz fórmano tanto as parroquias como o casco urbano. Imos proxectar un total de 13 películas e empezamos cunha moi especial, no que me empeñei persoalmente, que é Longa Noite, porque temos un actor dos nosos grupos de teatro, que é Manuel Pumares, do noso concello, e que tamén estivo nomeado aos premios Mestre Matreo e hai que darlle ese pequeno recoñecemento para que o pobo o sabia. O punto culminante vai ser ese autocine, que por primeira vez imos facer en Foz, coa película María Solinha, que está premiada en Galicia, en España e agora internacionalmente. Espero que disfrutemos todos un pouquiño deste cine e dos demais actos culturais que imos ter durante todo o verán”.
A continuación interveu Eva Rivas, de Vía Láctea Filmes, produtora da película María Solinha, quen agradeceu “ao Concello de Foz esta confianza e o feito de que se incluíra María Solinha na súa programación. María Solinha ía a estrearse en cines e por esta situación o 15 de maio tivemos que cancelala, obviamente. Estaban os cines pechados, agora están funcionando de maneira moi pouco normal aínda, entón decidimos poñer en marcha este proxecto de Cine na Rúa da man de Mr. Misto, cos que levamos anos traballando e para nós é unha honra estar nesa programación que eles pensaron para o Concello de Foz. É unha maneira inédita de chegar ao público porque é a primeira vez que espectadores de lugares medianos e pequenos van ter acceso a unha estrea de cine antes os das cidades, a onde non chegará María Solinha ata que os aforos nos cines se normalicen totalmente. Para nós isto é o que distingue esta película de todas as demais nosas anteriores e de todas as demais en xeral”.
Ignacio Vilar, o director da película María Solinha, comentou que “é unha ledicia poder estar en Foz presentando todas estas películas e sobre todo María Solinha porque vai ser unha estrea en Foz e ademais en autocine. É unha ledicia que o cine galego estea chegando á xente desta maneira. María Solinha é a miña sétima longametraxe, levoume tres anos todo o proxecto e o guión nove meses, e xurdiu porque durante estes tres últimos anos houbo unha violencia brutal no Estado español contra a muller. Eu vivo en Vigo, son de Petín de Valdeorras, da aldea de Castrofolla. E María Solinha é de Cangas, unha muller que loitou por ser libre no século XVII, acusárona de bruxa e queimouna a Inquisición. María Solinha é unha das grandes mulleres galegas, pero é moi descoñecida en Galicia”.
E finalmente Manuel Pumares, actor focense que participa na película Longa Noite, amosouse orgulloso de participar nesta presentación e destacou que empezou como actor precisamente no escenario da Casa da Cultura de Foz.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



