Ribadeo, 23 de xullo de 2020. O Concello de Ribadeo sacou a licitación polo procedemento aberto simplificado as obras de ensanche e reforzo do firme da estrada no núcleo de Marelle, na parroquia de Covelas.
O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “a zona conta cunha lonxitude total de 1050 metros e una anchura de 4 metros. As melloras consistirán na limpeza de cunetas, salvacunetas e pasillos con firme de aglomerado asfáltico en quente de 5 cms de espesor e con zahorra artificial en pasillos de 30 cms de anchura”.
O edil nacionalista indicou que “o proxecto ten un orzamento total de 62.574,36 euros e conta cunha subvención de Agader de 46.383€ cofinanciada nun 75% polo Feader 7,5% polo Ministerio de Agricultura Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e 17,5% pola Xunta de Galicia”.
Mundiña contou que “a licitación está publicada na Plataforma de Contratos do Estado e as empresas interesadas en presentar ofertas teñen de prazo 20 días naturais”.
E engadiu que “coa licitación desta obra, o Concello de Ribadeo continúa actuando nas infraestruturas viarias do rural, estando previsto que este ano saque a licitación varias obras mais de mellora nos camiños rurais”.
O concello de Ribadeo sacou a licitación as obras de ensanche e reforzo do firme da estrada no núcleo de Marelle, na parroquia de Covelas. o orzamento supera os 62.000 euros
-
Anterior
O Concello de Viveiro parabeniza a Adrián Ben tras recibir o premio ao Mellor Atleta Sub-23, un recoñecemento concedido pola Real Federación Española de Atletismo polos grandes méritos obtidos no ano 2019, entre eles o sexto posto en 800 metros no Mundial de Doha ou a súa proclamación como subcampeón de España absoluto no Campionato Nacional























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



